Moksín non é unha empresa, é unha forma de pensar, de vivir e de ser. É a boa relación entre os nosos clientes e nós, e loitamos cada día para que siga sendo así.
Moksín é o que é grazas a cada unha das persoas que cre e confía en nós, esas persoas que nos permiten facer realidade o noso proxecto. Por iso poñemos todo o noso esforzo en coidar ata o máis mínimo detalle para achegarche a moda que desexas, para que ti vaias e sexas como a ti che gusta.
Nesta web atoparás una pequena selección de zapatos que resumen a nosa identidade. Esperamos que atopes algo que axude a expresar a túa. Se podemos contribuír a que sexas como ti queres ser, o noso traballo terá sentido.
Moksín e Xove son dúas liñas que comparten unha mesma filosofia.
Moksín: Elegante, persoal e contemporánea. Unha tenda máis adulta onde destaca a súa sección de vestir e o seus exclusivos bolsos. Poderás atopar marcas como: Janet&Janet, Uad Medani, Hunter, Bikkembergs, Tosca Blu, Ripani, Rebeca Sanver, Ezzio, Pepe Castell, Gino Bianchi, Clarks, Panama Jack, Camper...
Xove: Descarada, urbana e informal. Unha tenda orientada a un público mozo e atrevido. En Xove tamén poderás atopar unha liña de neno, ademais de marcas como: Pepe Jeans, Tommy Hilfiger, Kawasaki, Converse, Vans, Replay, Diesel, Vienty, Onitsuka Tiger, El Ganso, Camper, Kickers, Skunkfunk, Geox Kids, Camper Kids, Kickers Kids...

Prezo: 152,00€
. . . . . . . . . . . . . .
E aquí tedes o vídeo de presentación de www.moksin.com
¡Enchufade os vosos altofalantes e poñede pantalla completa!¡Estamos de estrea!
. . . . . . . . . . . . . .
Y aquí tenéis el vídeo de presentación de...