Dolfie é unha marca de zapatos que naceu en Barcelona no 2011. Detrás da marca están un grupo “de mozos deseñadores inconformistas, buscando refuxio na arte como vía de escape e evasión da absurda sociedade actual”. Cuns creadores tan especiais, Dolfie tiña que ser tamén unha marca especial.

A súa filosofía é moi clara: non queren facer unha produción de masas e desexan fabricar en España. Dolfie lanza tamén unha promesa de seguir un certo código ético aos seus consumidores. A marca é, por tanto, unha firma de zapatos sostible. Así, por exemplo, non só fabrican de preto da casa senón que tamén denuncian as condicións nas que se obtén a materia prima para a fabricación de zapatos en masa. A súa pel, prometen, non chegará de ningún produtor que abuse ou explote aos animais. Por iso, a pel que empregan para facer os seus zapatos chega de animais que estaban destinados ao consumo alimenticio.

Pero Dolfie non é só unha marca de zapatos sostible senón que é tamén unha firma cun deseño divertido e fresco que reinventa os clásicos. Os seus deseños están deseñados tendo en conta a anatomía do pé para ser máis cómodos e confortables e para asegurar a máxima resistencia e duración para os zapatos. Para establecer os estampados contan coa colaboración de ilustradores de todo o mundo.

Os zapatos de Dolfie son para todos os públicos e para todas as idades e poden atoparse dende zapatos para nenos como zapatos de muller e de home. 

Vistos recentemente