Felmini é unha marca portuguesa de zapatos de muller. Naceron en 1973 pero, a pesar de ter xa cumpridos os 40 anos, seguen sendo unha empresa nova e moderna, cun equipo de mozos deseñadores que traballan para crear zapatos innovadores e creativos. Os zapatos de Felmini están cheos de vida e de cor e queren transmitir felicidade e dinamismo.  A marca busca por tanto compartir felicidade e que os seus zapatos axuden non só a estar sempre contentos senón tamén a manter sempre un espírito novo.

A inspiración para o calzado de Felmini está nas experiencias do día a día. Buscan que os seus zapatos cheguen ás mulleres modernas e que reflexen o seu estilo. Son contemporáneos, activos e á última en cuestións de moda, como as mulleres que os calzan. Aínda que seguen as últimas tendencias en moda, os zapatos de Felmini son tamén únicos e diferentes, o que os converte en algo distinto aos demais zapatos. 

Femini emprega coiro nos seus zapatos e controla todo o proceso de produción da materia prima para garantir a mellor calidade posible no seu calzado.

Vistos recentemente