A colección PAUL SMITH non ten produtos

Voltar á páxina de inicio

Paul Smith é unha marca británica, unha das máis emblemáticas da moda british. Nos seus comezos era unha firma centrada na moda para home, pero hoxe produce tamén para muller ou nenos e ten unha ampla colección de zapatos que podes descubrir na nosa tenda online.

Paul Smith comezou a traballar na súa marca nos anos 70, tras pasar por unha escola de arte despois dun accidente na adolescencia. Aos seus estudos de arte, sumoulle estudos de xastre e así fixo que a súa marca de moda se caracterizase por ser un exemplo das boas prácticas dos xastres pero cun toque diferente. Hoxe Paul Smith é un sinónimo de moda británica, algo que tamén sucede cos seus zapatos. As coleccións de Paul Smith son deseñadas entre Londres e o Nottingham natal do deseñador. Para fabricalas empregan materiais europeos e prodúcenas entre Italia e Reino Unido.

Os zapatos para muller de Paul Smith son tanto formais e elegantes, como casual e máis distendidos, perfectos para cada ocasión. No caso dos zapatos para home, os seus modelos de brogues (o tipo de zapatos nos que se poden incluír os Oxford) son os máis icónicos e recoñecidos, aínda que tamén deseña botas, zapatos de aire deportivo e mocasíns.               

Vistos recentemente