BOTAS DOLFIE Colección outono inverno 2019

Hoxe falarémosvos dunha marca xa de sobras coñecida para moitas de vós. As botas Dolfie chegan cada ano para facervos máis fáciles os invernos. As botas Dolfie nacen en Barcelona e a súa idea principal é crear zapatos sustentables, con deseños divertidos e sumamente confortables. En todos os modelos de botas Dolfie atopades mestura de peles, flocos e detalles étnicos. Seguro que moitas de vós xa contades con algún par de botas Dolfie no armario se non é así estar atentas mostrámosvos as botas que quizais se convertan nas vosas favoritas. Dolfie fabrica en España con peles de máxima calidade

 

 

 

 

O primeiro modelo de botas Dolfie que vos queremos presentar é o modelo INDIANA un básico xa no mercado desde hai varias tempadas pero que sempre consegue sorprender. As cores que eliximos son o negro, o camele o beis, cremos que calquera deles seranvos fáciles de combinar no voso día a día. Botín Dolfie con peche de cordón e forro de pelo suave. En todas as botas Dolfie o logo está presente no copete e no talón sobre unha peza en pel coiro.

 

 

 

 

Se xa vos fixestes co modelo anterior atentas porque esta tempada temos dispoñible o modelo WILMA. As botas WILMA de Dolfie son un pouco máis altas de cana que o modelo INDIANA e a súa sola máis grosa, pero no referente á comodidade e o bo calce é exactamente a mesma. Este deseño tamén vos sorprenderá pola mestura de peles e tons, ademais dos vivos en lana con mestura de tecidos. O modelo WILMA témolo dispoñible en tres tons diferentes. 

Entrar na nosa tenda online ou visitarnos en calquera das nosas tendas e gozar da colección Dolfie.