KAMELEONIK, A TÚA MARCA DE ALPARGATAS ESTE VERN

As alpargatas Kameleonik están deseñadas en Bilbao e feitas a man na Rioxa utilizando os procesos de elaboración artesanal tradicionais.

Todas as alpargatas de Kameleonik utilizan unha sola interior micro perforada, de deseño propio, realizada en coiro vacún con curtido vexetal libre de cromo, que aporta comodidade e contribúe a facilitar a transpiración, xa que non se utilizan colas. A pel da sola interior, asegura a ausencia de sustancias tóxicas que poden afectar á saúde. Este elemento interior non se despega co uso, xa que vai cosida directamente ao esparto. Isto contribúe á saúde do usuario.

Os materiais usados na súa elaboración son da mellor calidade e de procedencia coñecida: sedas bordadas a man na India, peles de vacún de curtido vexetal libre de cromo curtidas en Cataluña, tecidos de algodón e liño fabricados en Alacante, tecidos Liberty London, sola de esparto feita en Alacante e Murcia, cintas e cordóns feitos en Cataluña.

As alpargatas Kameleonik elabóranse en edicións moi limitadas. Este feito aporta exclusividade a quen as leva. Non é un produto de consumo masivo e debido á súa alta calidade o seu uso non se limita a unha única tempada.


Para asegurar a máis alta calidade no produto final, as zapatillas de esparto pasan un test de fío de cosido, de flexibilidade e desgaste da sola, e de desgarro da tela e test de durabilidade do produto.

 

A imaxe e o coidado destas zapatillas de esparto chega ata o último detalle xa que a bolsa que acompaña cada par de alpargatas está realizada en xute, con cordón de algodón reciclado e o packaging  tamén está deseñado con materiais reciclados e elaborados en España.

Xa non tedes desculpa para poder levar unas alpargatas co mellor deseño do mercado e ademais sendo conscientes que nos vosos pés levades un produto creado nun entorno cercano e aportando riqueza ao seu territorio.


Esperamos que vos gusten tanto como a nós. Atopar marcas e proxectos con este calor engadido neste mundo cada vez máis globalizado e competitivo sempre é una alegría.