NEMONIC: ZAPATOS, BOTAS E DEPORTIVOS DUNHA REALIDADE PRESENTE E UN FUTURO PROMETEDOR.

A evolución non foi só a nivel de deseño senón que tamén ano tras ano foron mellorando as calidades das súas fabricacións en canto a materiais e a nivel de acabados, e é neste ámbito onde desde o noso punto de vista a marca aínda ten moito potencial para medrar. Parte do seu proceso de fabricación é totalmente manual e debido a que moitos dos seus deseños teñen un alto nivel de adornos e tecidos, as súas botas e botíns acaban sendo produtos únicos para cada cliente.

Os produtos estrela da marca son as botas e botíns Nemonic dos que antes falamos, aínda que nas últimas campañas os deportivos Nemonic están a facerse un oco nos armarios das nosas clientas debido á súa gran comodidade e ao seu deseño tan característico de mestura de tecidos e materiais fusionando o mundo do sport e o urbano cos acabados máis vestidos e elegantes.

E xa para acabar este pequeno post co que tentamos darvos a coñecer un pouquiño máis neste caso das marca Nemonic que leva anos colaborando connosco, falarémosvos da terceira liña de zapatos que traballa Nemonic, que é a súa colección de zapatos de estilo retro e vintage, que para ser sinceros é a liña máis lonxeva en todas as súas coleccións xa que os leva fabricando desde os seus inicios, hoxe en día non é quizais a máis coñecida dentro dos clientes que están a confiar nas botas e botíns de Nemonic, pero si que podemos atrevernos a dicir que debido ás tendencias actuais que están a aparecer de tacóns anchos, puntas redondas... augurámoslle a esta liña de zapatos Nemonic tan característica un bo futuro dentro das próximas campañas xa que encaixan totalmente coa estética que está a presentar o mercado global nestes momentos. Aquí se que podemos utilizar a frase de que: En moda máis temperán ou máis tarde todo volve e neste caso os zapatos de Nemonic retro e vintage están preparados para esta nova idade dourada que lles brinda o mercado.

 

Algunhas fotos dos botíns e botas de Nemonic que Moksín presenta esta campaña dentro da súa colección:

Poderedes atopar as colección de deportivos Nemonic e zapatos Nemonic nas nosas tendas físicas e na tenda online.