PURO SECRET

En primeiro lugar imos falarvos das botas Puro Secret The Mood. Este modelo está fabricado cunha cremalleira anti roturas na parte central do empeine. Os materiais utilizados nesta bota son pel no exterior cun tecido no interior que a fai semi elástica. A outra característica importante destas botas Puro Secret é o volume da súa sola. Aínda tendo este volume non debedes preocuparvos polo seu peso xa que son moi lixeiras. Como diciamos ao principio todo está pensado ata o último detalle en Puro Secret.

As seguintes botas Puro Secret son as irmás das anteriores pero con cordonera, este modelo une as tres maiores tendencias desta tempada, botas de montaña, botas militares e botas moteiras. O nome elixido para este modelo é Puro Secret Double Act. Na zona do empeine leva un fol de pel co que poderedes xogar coa estética da bota no momento do uso. Poderedes levar os pantalóns por dentro coa bota frouxa. Combinala con vestidos e levar a parte de arriba máis aberta. Estas botas de Puro  Secret están ao servizo da vosa creatividade para os diversos looks que levedes. E xa o último extra destas botas é a súa cremalleira posterior para que sexa moito máis fácil e rápido o seu calce..

A seguinte opción de botas Puro Secret é para as mozas que vos guste ir un pouquiño altas pero cómodas. As Puro Secret Non Drama están fabricadas cunha cuña de volume e tamén moi lixeira. A pel que presentan no exterior imita a textura da pel de elefante, esta pel combinada co forro interior tamén en pel pero cunha densidade maior do normal provocan nun primeiro momento sensación de rixidez pero cun par de usos serán unhas botas indestructibles. Cos pasos dos anos serán as vosas botas  vintage máis chulas.

A última opción de botas Puro  Secret son as Puro Secret  Hidden Talent. Os materiais de fabricación e estrutura de cuña son iguais á bota anterior. A diferenza aquí é a altura media da cana, anticipándose ao próximo verán xa que veremos nas coleccións moitas botas con esta altura media. A cremalleira ao centro do empeine como a primeira opción de botas planas que vos presentamos fan delas unhas botas moi mínimal e de marcado carácter.

Comos seguro xa vos destes conta as botas Puro Secret son para mozas con carácter, seguras de si mesmas e que viven sen ningún tipo de complexo nas nosas cidades. Sen dúbida están pensadas para vós, todas as nosas clientas.

Descobre toda a colección.