CHIARA FERRAGNI NOVA COLECCIÓN

O prometido é débeda así que presentámosvos a colección primavera verán de Chiara  Ferragni. Como non podía ser doutro xeito, unha vez máis os zapatos de  Chiara  Ferragni destacan polos seus materiais de brillo e en  Moksín fixemos unha selección das distintas opcións que poderedes gozar esta tempada. O referente de identidade de  Chiara  Ferragni é o seu logo, un ollo e unha pálpebra que están presentes en todos os seus deseños. A continuación amosámosvos algúns dos deseños Chiara  Ferragni. Esperamos que vos namoren tanto como a nós.

O primeiro modelo que vos presentamos é un slip- on con piso creeper e fabricado totalmente en glitter cor prata. Como en todos os deseños de Chiara Ferragni o seu  logo é protagonista, neste caso xunto coa mensaxe “I see you” en cor amarela. Todo o que necesitas para ir á última este verán é sen dúbida este slip- on de  Chiara Ferragni.

Agora falarémosvos das chanclas Chiara  Ferragni. Elaboradas en goma e co  icónico ollo e pálpebra sobre a pa, serán sen dúbida a mellor opción para os  looks estivais. Para as seguidoras das últimas tendencias, as  chanclas Chiara Ferragni son o modelo máis desexado da instagramer máis famosa.

Por último mostrámosvos un slipper en glitter prata, un modelo básico que marca a diferenza polos materiais usados na súa fabricación. Do mesmo xeito que as versións anteriores o ollo e a pálpebra levan todas as miradas xunto co  glitter e o seu inconfundible forro azul celeste. Unha opción para as máis tranquilas que igualmente buscan un zapato diferente.