ELENA IACHI Colección outono inverno 2019

Se hai unha marca que polos seus produtos e calidade é a nosa favorita, esta é sen ningunha dúbida Elena Iachi. Hoxe ímosvos a mostrar neste novo post as botas e botíns de Elena Iachi que temos para a colección outono-inverno. Os deseños Elena Iachi son fabricados en Italia con peles de alta calidade. Elena Iachi é experta en unir moda, calidade e comodidade, todos os seus deseños teñen un calce perfecto e sempre seguen as últimas tendencias. Este ano as botas e botíns Elena Iachi son de inspiración cowboy. As múltiples combinacións que poderedes facer coas botas e botíns Elena Iachi esta tempada serán infinitas. 

O primeiro modelo que vos queremos mostrar é unha espectacular bota de estilo cowboy, elaborada en negro e adornada con pequenos cristais en prata, esta bota Elena Iachi é a xoia da colección e tennos namorados. Non deixedes de fixarvos na silueta do seu tacón que unida á pel envellecida farán que esta peza sexa a estrela de todos os vosos looks. 

 

 

A continuación, falarémosvos doutro modelo que segue a mesma estética campera, unha bota Elena Iachi so apta para as amantes das botas XXL. Fabricada en ante camel leva a punteira con pel de efecto envellecido. Unha bota Elena Iachi que poderedes levar máis ou menos engurrada segundo necesitedes en cada ocasión. 

 

 

Os botíns cowboy son o calzado máis desexado e este botín Elena Iachi é o máis “ in“ da tempada. Botín Elena Iachi con punta afiada, pel envellecida e tiras de coiro con hebillas rodeando o nocello. Un botín de Elena Iachi de estilo western que esperamos que vos encante tanto como a nós. Tédelo dispoñible en dous tons para que elixades o que mellor se adapte aos vosos looks.

 

 

Entra na nosa tenda online e descobre a colección Elena Iachi.