BOTNS NEMONIC Colección outono inverno 2019

Hoxe querémosvos falar da colección de botas e botíns Nemonic, seguro que moitos de vós xa contades con algún par no voso armario debido a que Nemonic é xa unha marca consolidada e as súas botas e botíns un básico inverno tras inverno. As botas e botíns Nemonic están inspiradas no estilo cowboy, un estilo que despois de varias tempadas no mercado este ano chegan con máis forza se cabe. As botas e botíns Nemonic están fabricadas en España con peles de máxima calidade. A colección que vos mostramos a continuación é a Boho Chic e esperamos que vos encante tanto como a nós. 

 

A primeira bota Nemonic que vos mostramos é unha campera de cana alta elaborada en ante. O especial desta bota Nemonic é a cana con detalle en pel metalizada na parte dianteira e estrela acolchada na parte de atrás. Esta bota Nemonic de estilo Boho Chic será a vosa mellor aliada este inverno. Dispoñible en camel e negro.

 

 

 

 

Agora a mesma versión en botín, tamén en camel e negro. Botín Nemonic con peche de cremalleira interior e punta afiada. Nesta versión o adorno metalizado está na parte lateral. Do mesmo xeito que o resto de modelos da colección Boho Chic leva tachas adornando o talón. 

 

 

 

Para terminar este post ensinámosvos un botín Nemonic que do mesmo xeito que os anteriores tamén é de estilo campero, mesma horma, pero diferente pel, a pel elixida nesta ocasión é pel escamada e as súas cores moito máis atrevidas. Os botíns e botas Nemonic combinan xenial con todo, vestidos midi, estampados ou jeans, sexa cal for o teu estilo non dubides en visitarnos e probar uns botíns Nemonic.