ZAPATILLAS VEJA

Seguramente coñezas as zapatillas Veja grazas á túa influencer favorita ou quizais as atopaches mentres buscabas marcas de calzado sustentable ou vegano. Levan 14 anos no mercado pero foi agora cando están na crista da onda. En Moksín seleccionamos varios modelos para que escollas o teu e explicámosche o porqué do seu éxito. Asegurámosche que motivos non lle faltan.

Orixinarias de Francia pero producidas en Brasil, o seu nome significa “mira” en portugués, pero que hai que ver? 

Unha produción sustentable feita con algodón orgánico sen uso de químicos nin pesticidas, suelas feitas nun 40% con goma procedente do Amazonas, peles tinguidas evitando o malgaste de auga… Estas accións incrementan o valor de zona e axudan a loitar contra a deforestación. Ademais os traballadores implicados en colleita de materiais e fabricación das zapatillas Veja teñen un salario xusto. No último paso no que as zapatillas se transportan ata Francia en barco, as operacións de loxística son conducidas por unha empresa que traballa con persoas en risco de exclusión para a súa reintegración na sociedade mediante o traballo. 

Queda claro que Veja é unha empresa ética e que loita por unha produción eco

A continuación falámosvos das zapatillas Veja que podes atopar en Moksín:

Os modelos V-12 incorporan tecido feito 100% con plástico de botellas recicladas e ademais son lixeiras e transpirables. Tres botellas de plástico son usadas en cada par de zapatillas.

 

Os forros están feitos 100% de polyester proveniente de botellas de plástico recicladas. Este material fai que os forros sexan máis flexibles e máis cómodos.

O modelo O5CP071849 é unha alternativa vegana ás túas clásicas zapatillas de pel. O material co que as fan está feito en Italia a partir de residuos de millo aplicado sobre un lenzo de algodón. Incrible, verdade? Este é un modelo imprescindible no noso armario. Con saia midiou con mom jeans, ponas con todo!

A empresa explica que non fabrican baixo pedido para non acumular existencias e evitar desperdicios así que consegue as túas zapatillas Veja canto antes! Non te quedes sen elas!