Facebook       Instagram       Twitter       Pinterest       Youtube
Subscríbete ao noso boletín
COOKIE CONTROL
Utilizamos cookies para mellorar a túa experiencia e os nosos servicios. Fai clic en acetpar para continuar.   Ler máis
ACEPTAR
PERSONAL SHOPPER
Estou buscando de do talle con un custo entre
0
y
959
€.
Se pode ser da cor , da marca
0-105
.
ES   |   GL
0
Produto engadido á túa lista de favoritos :D
0
Non existen produtos no teu carriño da compra.
INICIO   >   DIADORA - HERITAGE
DIADORA - HERITAGE

Dende a italiana rexión do Veneto, a mesma na que está Venecia, chega unha marca con historia. Diadora naceu a finais da década dos 40 do século pasado e fíxoo nun taller artesán, no que comezaron a facer botas de montaña. As botas pronto comezaron a ter fama de ser moi boas e a marca consolidouse. Pouco máis dunha década despois, a firma comezou a fabricar non só botas de montaña senón tamén outro calzado deportivo. Botas para esquiar, zapatillas para correr ou para xogar ao tenis entraron no seu catálogo.

Décadas despois - e despois tamén de se ter convertido no calzado deportivo que vestían moitos famosos deportistas - a marca non só é un nome popular en zapatillas e outros zapatos deportivos senón que segue ademais apostando pola mesma característica que a fixo famosa nun primeiro momento. Queren que o seu calzado sexa de moita calidade. As liñas fundamentais das que parte o seu calzado é o estilo e tamén que sexan adecuados e cómodos para a práctica deportiva. Pero non hai que ser un deportista para calzar as zapatillas de Diadora: só hai que apreciar a súa calidade.

Diadora utiliza ademais a innovación como un elemento para crear zapatos diferentes e está sempre buscando os mellores materiais e as fórmulas máis eficientes para producir as súas zapatillas, sempre sen perder de vista a súa herdanza en deseño italiano.

O calzado de Diadora é tanto para mulleres, para homes como para nenos e cubre as necesidades en diferentes prácticas deportivas. Diadora lanzou tamén unha colección Heritage, que retoma os clásicos deseños de zapatillas dos años 90 e os adapta aos consumidores do século XXI.

Logo Xunta