Facebook       Instagram       Twitter       Pinterest       Youtube
Subscríbete ao noso boletín
COOKIE CONTROL
Utilizamos cookies para mellorar a túa experiencia e os nosos servicios. Fai clic en acetpar para continuar.   Ler máis
ACEPTAR
PERSONAL SHOPPER
Estou buscando de do talle con un custo entre
0
y
959
€.
Se pode ser da cor , da marca
0-105
.
ES   |   GL
0
Produto engadido á túa lista de favoritos :D
0
Non existen produtos no teu carriño da compra.
INICIO   >   MOKSÍN   >   ACERCA DE MOKSÍN
ACERCA DE MOKSÍN

A NOSA HISTORIA. 

 

Moksín nace en 1995 en A Estrada cando Ángeles, unha nai de familia, colle o traspaso dunha zapatería neste pobo. Dende ese momento os seus dous fillos Fran e Tino estivemos ligados á tenda axudándolle de xeito incondicional nesta súa aventura, tanto é así que temos recordos de quedar durmidos nos sofás da tenda :). Así que non quedaba moita máis solución de que ou odiásemos os zapatos ou nos namorásemos deles. E máis ben pasou o segundo.

En 2006 Fran, mestre de profesión, decidiu deixar de exercer como mestre e abrir unha segunda tenda en A Estrada, mais urbana e informal que complementase a Moksín e que se chamaría Xove by Moksín. Esta segunda liña foi unha pequena evolución e aprendizaxe ata acabar definindo o que hoxe é Moksín. En 2014 e con Tino a cabalo entre Barcelona e Galicia e entre o mundo da comunicación e os zapatos, abrimos unha tenda en Santiago co que nós entendemos e nos gustaría que fose Moksín, un proxecto familiar adicado ao mundo dos zapatos que ofrece un produto vangardista, contemporáneo e moi persoal. Puxemos moita atención no deseño do espazo da nova tenda, na súa comunicación e nos escaparates. Para nós, Moksín non é unha tenda, ou unha empresa, é un xeito de entender e facer as cousas, poñendo especial énfase no coidado dos detalles e a relación coas persoas e o que as rodea. 

Poder abrir cada día Moksín, para nós é unha regalo. Considremos que é unha sorte facer o que nos gusta e onde nos gusta, Galicia. Por iso, tentamos agradecerlle á xente que nos compra o seu apoio a este proxecto ofrecendo productos e experiencias que van máis alá da compra dun par de zapatos, sexa personalizando un agasallo, creando un escaparate diferente ou organizando unha actividade na tenda.

 

FILOSOFÍA: MOKSÍN. UN PROXECTO QUE INTENTA SER CONSCIENTE, CONSECUENTE E RESPONSABLE.


Moksín entende que é parte dun contexto e non pode vivir ao marxe de todo o que o rodea, nin tampouco das cousas que lle permiten ser unha realidade. Por iso quere ser responsable, dentro das súas posibilidades, coidando e potenciando ese ecosistema no que vive e respira cada día. Para iso, como proxecto galego e que se desenvolve en Galicia, apoiará e priorizará a cultura galega, prestando especial atención a aqueles novos valores que poidan ser o futuro e buscando ofrecerche unha experiencia e un valor engadido.

Moksín son dúas liñas cunha mesma filosofía:

Moksín:Elegante, persoal e contemporánea. Unha tenda máis adulta onde destaca a súa sección de vestir e o seus exclusivos bolsos.

Xoveby Moksín: Descarada, urbana e informal. Unha tenda orientada a un público mozo e atrevido.


Se queres falar connosco, propoñernos algo ou facernos algunha suxerencia, enche o seguinte formulario.

FORMULARIO DE CONTACTO
NOME
APELIDOS
TELÉFONO
EMAIL
PAÍS
TEMA
ASUNTO
MENSAXE
CONTRASINAL DE VALIDACIÓN (Introduce o código que ves na imaxe da dereita)
   Lin e acepto a POLÍTICA DE PRIVACIDADE
Logo Xunta