Facebook       Instagram       Twitter       Pinterest       Youtube
Subscríbete ao noso boletín
COOKIE CONTROL
Utilizamos cookies para mellorar a túa experiencia e os nosos servicios. Fai clic en acetpar para continuar.   Ler máis
ACEPTAR
PERSONAL SHOPPER
Estou buscando de do talle con un custo entre
20
y
959
€.
Se pode ser da cor , da marca
0-105
.
ES   |   GL
0
Produto engadido á túa lista de favoritos :D
0
Non existen produtos no teu carriño da compra.
INICIO   >   MOKSÍN   >   POLÍTICAS
POLÍTICAS


CONDICIÓNS DE COMPRA

A utilización deste sitio web está suxeita ás seguintes condicións de uso. Pedímosche que as leas atentamente. Ao acceder a este sitio web e utilizar os materiais contidos nel implica que liches e aceptas, sen reserva algunha, estas condicións.

Todos os precios, tanto de producto como de servicios de transporte levan incluidos o IVA, salvo que por esixencias legais se deba presentar o precio dun xeito diferente.

Todos os pedidos requiren a aceptación de precios e características dos productos detalladas na súa ficha de venta.
En caso de indispoñibilidade de productos moksin.com comprométese a avisarche o antes posible, cancelando o envío e reembolsando o importe do pedido.

Será responsabilidade túa cercionarte, no momento da entrega, de que o envío se atopa en bo estado. Deste xeito, se a caixa se atopa aberta ou se polo aspecto do empaquetado hai sospeitas acerca de infracción á inviolabilidade do producto, non debes recibilo. Notificanos de inmediato por teléfono ou e-mail.

 


DEVOLUCIÓNS E CAMBIOS

Dispós dun prazo de 15 días naturais dende a recepción do pedido para cambios ou devolucións. Pasada esta data non aceptaremos ningún tipo de cambio nin reclamación.

Todos os cambios e devolucións deben ser comunicados a moksin.com, con anterioridade ao envío por parte do cliente, unha vez aceptado o trámite por moksin.com os productos enviaranse usando os medios de transporte polos cales foron recibidos.

moksin.com aceptará devolucións por tara ou defecto de fábrica: una vez recibido o artigo, moksin.com verificará que existe un defecto de fábrica e procederá á devolución do importe total do producto en cuestión: gastos de envío + importe pagado polo artigo.
Naqueles casos nos cales o producto, talla ou cor non sexan os reflexados no seu pedido, moksin.com encargarase dos gastos de envío.

Se decides devolver o producto porque non o desexas, unha vez recibido o artigo, moksin.com comprobará que esté en bo estado (os zapatos deben chegar en perfectas condicións aos nosos almacéns e coa súa caixa orixinal, se non é así, non poderemos aceptar a devolución) e procederase ao abono do importe correspondente ao producto devolto (gastos de envío non incluidos).

Se decides realizar un cambio de producto por outro, primeiro deberás devolver o artigo comprado, unha vez recibido, moksin.com comprobará que se atope en bo estado (os zapatos deben chegar en perfectas condicións aos nosos almacéns e coa súa caixa orixinal, se non é así, non poderemos aceptar a devolución) e procederase ao envío do novo (gastos de envío que se produzan no cambio a cargo túa).

En calquera outro caso non descrito anteriormente, os gastos de envío correrán a cargo túa.
Non aceptaremos ninguna devolución contrareembolso.

 

DEVOLUCIÓN DO IMPORTE

Unha vez recibidos os productos que desexes devolver supervisaremos que o artigo está correcto e procederemos á aprobación da devolución.

Cando aprobemos a devolución recibirás o importe na tarxeta que utilizaches para realizar a túa compra.Unha vez realizada a operación de devolución recibirás un e-mail de confirmación indicándoche que o importe será abonado na túa tarxeta en poucos días.Recorda que o tempo de devolución do importe depende da túa entidade bancaria.

 


RESPONSABILIDADE

Moksin.com actuará coa máxima dilixencia a efectos de poñer a disposición da empresa encargada do transporte o producto seleccionado. Sen embargo, moksin.com non se responsabiliza por perxuízos derivados dun mal funcionamento do transporte, especialmente por causales tales como folgas, retencións en carreteras, e en xeral calquera outras propias do sector, que deriven en retrasos, pérdidas ou furtos do producto escollido.

Fallos técnicos que por causas fortuitas ou de outra índole, impidan un normal funcionamento do servizo a través de internet. Falta de dispoñibilidade do sitio por razóns de mantemento ou outras, que impidan dispoñer do servizo.

moksin.com pon todos os medios ao seu alcance a efectos de levar a cabo o proceso de selección, pago e envío do producto seleccionado, non obstante exímese de responsabilidade por causales que non lle sexan imputables, caso fortuito ou forza maior.

Se ti á hora de realizar a compra desexas pagar mediante ingreso en conta ou transferencia bancaria podes poñerte en contacto connosco en moksin@moksin.com e serás informado das condicións de venta e gastos de envío nestos casos.

 

 

As condicións descritas anteriormente son aplicadas a territorio nacional español e son útiles como guía xeral. Para envíos internacionais algunas destas condicións poden variar. Escribe a moksin@moksin.com para coñecer as condicións específicas para o teu país.

Logo Xunta