Facebook       Instagram       Twitter       Pinterest       Youtube
Subscríbete ao noso boletín
COOKIE CONTROL
Utilizamos cookies para mellorar a túa experiencia e os nosos servicios. Fai clic en acetpar para continuar.   Ler máis
ACEPTAR
PERSONAL SHOPPER
Estou buscando de do talle con un custo entre
20
y
959
€.
Se pode ser da cor , da marca
0-105
.
ES   |   GL
0
Produto engadido á túa lista de favoritos :D
0
Non existen produtos no teu carriño da compra.
INICIO   >   MOKSÍN   >   QUEN SOMOS
QUEN SOMOS

Moksín é unha zapatería pequena e familiar que lle gusta o que fai e tenta facelo do mellor xeito posible. Nace en 1995 en A Estrada cando Ángeles, unha nai de familia, colle o traspaso dunha zapatería neste pobo. Dende ese momento os seus dous llos Fran e Tino estivemos ligados á tenda axudándolle de xeito incondicional nesta súa aventura, tanto é así que temos recordos de quedar durmidos nos sofás da tenda :). Así que non quedaba moita máis solución de que ou odiásemos os zapatos ou nos namorásemos deles. E máis ben pasou o segundo.

En 2006 Fran, mestre de profesión, decidiu deixar de exercer como mestre e abrir unha segunda tenda en A Estrada, mais urbana e informal que complementase a Moksín e que se chamaría Xove by Moksín. Esta segunda liña foi unha pequena evolución e aprendizaxe ata acabar de nindo o que hoxe é Moksín. En 2014 e con Tino a cabalo entre Barcelona e Galicia e entre o mundo da comunicación e os zapatos, abrimos unha tenda en Santiago co que nós entendemos e nos gustaría que fose Moksín, un proxecto familiar adicado ao mundo dos zapatos que ofrece un produto vangardista, contemporáneo e moi persoal. Puxemos moita atención no deseño do espazo da nova tenda, na súa comunicación e nos escaparates. Para nós, Moksín non é unha tenda, ou unha empresa, é un xeito de entender e facer as cousas, poñendo especial énfase no coidado dos detalles e a relación coas persoas e o que as rodea.

Poder abrir cada día Moksín, para nós é unha regalo. Considremos que é unha sorte facer o que nos gusta e onde nos gusta, Galicia. Por iso, tentamos agradecerlle á xente que nos compra o seu apoio a este proxecto ofrecendo productos e experiencias que van máis alá da compra dun par de zapatos, sexa personalizando un agasallo, creando un escaparate diferente ou organizando unha actividade na tenda.

Logo Xunta