Facebook       Instagram       Twitter       Pinterest       Youtube
Subscríbete ao noso boletín
COOKIE CONTROL
Utilizamos cookies para mellorar a túa experiencia e os nosos servicios. Fai clic en acetpar para continuar.   Ler máis
ACEPTAR
PERSONAL SHOPPER
Estou buscando de do talle con un custo entre
0
y
959
€.
Se pode ser da cor , da marca
0-105
.
ES   |   GL
0
Produto engadido á túa lista de favoritos :D
0
Non existen produtos no teu carriño da compra.
INICIO   >   MOU
MOU

Unha das últimas obsesións de todos aqueles que van á última son as botas Mou, que nos últimos anos están a protagonizar moitos editoriais de moda e a converterse nunhas das botas favoritas das famosas. A razón deste interese crecente nas botas Mou está en que son unhas moi boas aliadas contra o frío.

As botas Mou están feitas con pel de ovella e contan cun forro polar que as fai perfectas para os días de moito frío. Son moi suaves ao tacto e moi quentiñas, o que as converte nunha das mellores opcións para loitar contra o frío do inverno que podes atopar na nosa tenda online, e están deseñadas para durar moitos anos. A marca quere que calzalas sexa unha maneira de volver a sentirse en comuñón coa natureza. Ademais, buscan ser un antídoto ao estrés do día a día e que calzalas invite ao relax.

Mou naceu no 2002 na londiniense Portobello Road e é un exemplo máis do deseño británico máis á última. Para facer as botas empregan materiais cunha orixe controlada, xa que queren ser respectuosos co medio ambiente e buscan ser unha marca ética. Na fabricación seguen técnicas artesanais tradicionais para asegurar que logran sacar o maior partido da pel e extraer a súa beleza natural. Deseñan botas, tanto de caña alta como baixa, para mulleres, nenos e homes e slippers.

As botas son resistentes á auga, aínda que non son completamente waterproof. Poden ser calzadas nos días nos que chove ou neva de forma lixeira. Se se quere que as botas Mou teñan unha longa vida útil, é importante evitar pisar charcos e tamén cepillalas ao chegar da rúa para facer que a neve ou os restos de chuvia non acaben fundíndose sobre a pel das botas.

Logo Xunta