Camper é unha das marcas de zapatos españolas máis coñecidas en todo o mundo e por tanto unha das máis recoñecibles da oferta da nosa tenda online. A pesar de que é unha das firmas máis populares da industria zapateira, non esqueceron as súas raíces. As súas oficinas seguen estando en Mallorca, onde estaban cando a fundaron hai algo máis de 30 anos os descendentes dunha familia zapateira que levaba un século fabricando zapatos con técnicas aprendidas en Inglaterra en Inca.

Fronte aos zapatos que producía a empresa familiar, a nova marca ía lanzar uns zapatos para os homes e mulleres modernos.  Querían ser zapatos cómodos e creativos, para un novo de estilo de vida con máis liberdade e con novas formas de pensar. Non querían renunciar, sen embargo, á historia da familia, e por iso un dos pilares nos que asentaron a nova marca de zapatos foi o da tradición e os valores familiares.

Dende entón os seus zapatos convertéronse en sinónimo de calzado cómodo e de calidade. Os seus modelos tanto de zapatos para home como de zapatos para muller son de entrada sinxelos, pero sen renunciar por iso á creatividade. Dalgúns dos seus modelos de zapatos venderon xa millóns de unidades en todo o mundo.

Camper asegura que os seus zapatos están protexidos por unha garantía de dous anos que cubre os posibles defectos de fabricación.

Vistos recentemente