Facebook       Instagram       Twitter       Pinterest       Youtube
Subscríbete ao noso boletín
COOKIE CONTROL
Utilizamos cookies para mellorar a túa experiencia e os nosos servicios. Fai clic en acetpar para continuar.   Ler máis
ACEPTAR
PERSONAL SHOPPER
Estou buscando de do talle con un custo entre
0
y
959
€.
Se pode ser da cor , da marca
0-105
.
ES   |   GL
0
Produto engadido á túa lista de favoritos :D
0
Non existen produtos no teu carriño da compra.
INICIO   >   PURO-SECRET
PURO-SECRET

O que fai que os zapatos de Puro Secret sexan especiais non é só a súa calidade ou o seu deseño excepcionais senón que son uns zapatos emocionais. Os zapatos de Puro Secret buscan unha resposta emocional entre quen os calzan, tanto que os seus deseñadores non inclúen os deseños na colección final se non logran xerar emocións, por moi bonitos ou moi de tendencia que podan ser. Os zapatos son obras de arte, ou esa é a súa filosofía, e por tanto teñen que nos mover máis alá do primeiro contacto.

Detrás de Puro Secret está unha parella austríaca, que levan décadas traballando no mundo da moda e que decidiron usar o seu savoir faire para crear unha marca de zapatos diferente. Puro Secret foi cociñada a fogo lento: entre o momento no que fixeron os primeiros deseños e o que fabricaron os primeiros zapatos pasaron 10 anos, xa que querían estar seguros de que o que facían era realmente o que buscaban.

Os zapatos de Puro Secret están pensados para a muller moderna, mulleres que conseguen todo o que se propoñen e que buscan algo especial co que rematar o seu outfit. Os zapatos son o elemento especial e distinto que as axuda a ser únicas. Ademais de responder ás necesidades da muller moderna, os zapatos de Puro Secret tamén intentan responder ás necesidades do mundo que os rodea. Están feitos de xeito artesanal por mestres expertos en diferentes talleres e empregan non só coiro de primeira calidade senón tamén conseguido de forma respectuosa cos recursos naturais.

Puro Secret ten botas, botíns ou zapatillas de muller, como podes descubrir botando unha ollada aos zapatos de Puro Secret na nosa tenda online. 

Logo Xunta