BOTAS MOU PRIMAVERA VERN

A continuación ensinámosvos unha pequena selección dos modelos que Moksín presenta na súa colección de botas Mou para primavera verán:

A versión de cuña interior de botas Mou, moi vendida no inverno. Mou presenta esta opción no no verán con dous tipos de materiais unha cuña de esparto na versión máis sport de bota Mou e unha cuña forrada no mesmo material da bota neste caso ante, o que as fai menos sport e mais vestidas. Iso si, na cuña forrada, Mou presentan o piso en goma branca dándolle o toque desenfado, freso e urbano que, dende o noso punto de vista, necesitan para as seguir as tendencias deste verán.

En canto á versión plana de botas Mou para verán, podemos ver que todas levan o piso de esparto, pero non dun grosor normal, levan un piso ou planta un peliño máis alto o que lle achega unha estética máis agresiva e fainas moi pero que moi novas. Podemos dicir que as dimensións e os materiais utilizados nesta versión non poden estar máis no momento de moda e tendencias que presenta o mercado en xeral. As botas Mou planas de esparto definitivamente son unhas das nosas favoritas. Outra das características para ter en conta no modelo plano de Mou son os forros interiores xa que temos versión con forro de tecido moi fresco e versión directamente sen tecido interior onde a pel da bota cae pola súa propia natureza. Unha vez poñemos a bota crea un efecto moi urbano incrementado pola cor coiro utilizada nesa versión.

Versión en ante con forro:

Versión en nobuck (neste material aumenta o prezo):

Versión media cana e franxas:

Para acabar falaremos do zoco de Mou para verán que sen dúbida é a gran sorpresa en canto a deseño e comodidade. O zoco de Mou básico está realizado en ante e presenta os pespuntes característicos de Mou, totalmente integrados ao longo da punteira.