KENNEL UND SCHMENGER DEPORTIVOS E BOTNS CON PELO NATURAL.

Como cada ano esta marca alemá de calzado Kennel und Schmenger presenta modelos cun deseño moi sofisticado pero sempre no seu xusto momento dentro da moda e sen renunciar á súa exquisita calidade de materiais tanto exteriores como interiores.

 

Os seguintes deportivos de Kennel und Schmenger e botíns de Kennel und Schmenger forman unha pequena colección en cor ante xeo con acabados interiores e exteriores de pelo natural tamén en cor xeo que resalta dentro das coleccións da nosa tenda e que por suposto tamén dará moita luz aos vosos outfits máis escuros de inverno. E sen deixar de levar os pés súper quentiños.

Para as que sempre ides en plano e non queredes ver un tacón de ningunha maneira presentámosvos estes dous deportivos ou zapatillas de Kennel und Schmenger. Unha leva lengüeta co pelo natural na parte exterior da mesma, a outra con altura de botín e toda forrada en pelo natural rematando os ribetes do exterior no mesmo pelo que procede do interior. 

Dentro dos deportivos de Kennel und Schmenger pero para as que preferides ir altas presentámosvos este modelo con cuña interior. É unha fusión entre deportivo e botín, a cordonera frontal fainos lembrar unha das tendencias máis fortes desta tempada que son as botas de neve ou montaña. Polo que vos fará a dobre función de bota e deportivo. Teredes unha peza moi versátil e cómoda no voso armario.

E xa como última opción, o mellor para o final, presentámosvos as dúas opcións de Kennel und Schmenger máis agresivas en canto a estética. Un zapato tipo creeper coa plataforma forrada en ante xeo igual á parte superior, cos cantos en goma branca e floco plano combinado co pelo. E un botín con piso groso dentado en cor branca con lapelas ocultando a cordonera e todo forrado en pelo natural. Dúas opcións para probarse e ver nos pés.

Como cada tempada Kennel und Schmenger sempre nos sorprende con zapatos, botíns e deportivos diferentes, sobrios pero fóra da norma, o que fan deles que sexan únicos no mercado.

Ligazón a colección completa de Kennel und Schmenger.

GuardarGuardar