PASEARTE – ARTE CONTEMPORNEO EN MOKSN

Desde que abrimos as nosas portas en Santiago fai xa máis de 3 anos, son moitos os artistas e intervencións que coordinamos ou creamos na nosa tenda. Lembramos con moito agarimo o primeiro escaparate que fixemos con Véronica Moar. Despois viría Idoia Cuesta, o noso proxecto #ZapatosEOutrasHistorias con Mónica de Nut, Bátega e Cinta Adhesiva ou Historias de Unha illa paradisíaca con La Platanera. Por non falar dos concertos dalgúns membros de The Lákazans ou as catas de viño galego con VIDEVIDE.

Desde Moksín tentamos que tanto a arte como a cultura galega sexa normal no noso día a día, pois sen cultura non poderiamos ser. É por iso que cando a principios de decembro nos chegou a proposta de Pasearte non podiamos dicir que non. Durante todo decembro, poderedes gozar da obra da galega Soledad Penalta no noso escaparate. Soledad, escultora desde 1972, está especializada no traballo con cerámica, cerámica de alta temperatura, refractarios, fundición de bronce, fundición de ferro, ferro en ferros soldadas, escultura de gran formato para exterior. 

Aquí podedes saber máis da autora.

Queremos agrader á Galería Trinta, Galería Metro, Galería Luisa Pita e "Federica no Era Tonta" pola coordinación e dinamazación desta proposta, ao Concello e todos os implicados para que este tipo de iniciativas sigan adiante e medren.