ZAPATILLAS ECOALF

Neste novo post ímos falar das zapatillas Ecoalf. Desde Moksín queremos poñer o noso gran de area no coidado do planeta e por iso ofrecémosvos as zapatillas Ecoalf, unha marca española que fabrica todos os seus produtos con materiais 100% reciclados. Ecoalf utiliza residuos como o plástico ou os restos do café para dar vida ás súas zapatillas. Os tempos cambiaron e nós con eles, cada día somos máis conscientes do coidado que necesita o medio ambiente e por ese motivo cremos que Ecoalf vai gustar tanto como a nós. As zapatillas Ecoalf teñen un prezo máis que asumible, que unido á comodidade e o deseño aseguran unha elección acertada. 

O primeiro modelo de zapatillas Ecoalf que vos presentamos, o modelo OREGON é sen ningunha dúbida a estrela da colección, con acabados moi resistentes e sumamente cómodo. As zapatillas OREGON de Ecoalf son deseños minimalistas, fáciles de combinar e pensadas para longas xornadas. Elaborada en nylon esta zapatilla Ecoalf é o exemplo perfecto de que sustentabilidade e deseño van unidos. Desde Moksín queremos dar a oportunidade de probar o modelo OREGON tanto a homes como a mulleres, por iso nesta selección ides atopar as duas opcións, cores escuras para eles e cores claras para elas. 

 

 

 

A continuación mostrámosvos unha zapatilla Ecoalf que polo seu deseño vai parecer que vaias descalzo, modelo tipo calcetín con tecido de goma moi fácil de calzar e con cordón para un axuste perfecto do pé. Outra zapatilla Ecoalf que non te deixará indiferente. 

As zapatillas seguen sendo o máis visto no noso pés outra tempada máis, un motivo que unido á comodidade e o deseño que che ofrece esta zapatilla Ecoalf farán que desexes levala a diario. Non deixes pasar a oportunidade de probar Ecoalf