¿HABÉIS DESCUBIERTO YA LAS HISTORIAS QUE ESCONDE NUESTRO ESCAPARATE?

¿Habéis descubierto ya las historias que esconde nuestro escaparate? ¿Y a qué esperáis? Desde principios de esta temporada y gracias a la colaboración de Andrea de La Platanera os vamos acercando pequeños relatos y piezas que van contando las historias de una isla paradisíaca gallega. No os las perdáis. Aquí van los tres primeros y las fotos.


A Abilleira
 
Sentábanse a tomar o sol pola tardiña. Pegados ás paredes das primeiras casa da Illa, agora trociños de seixos.
Amacetados nas súas cadeiras feitas de anacos de barcos, nasas e cadeiras de salón.
Os bos días, os saúdos de cachola, os sorrisos de nenos, a xuntanza porque si. En fila, xiraban para a esquerda ou a dereita a cara segundo quen falase. Pero a maioría do tempo miraban cara ó mar e as dornas que alí repousaban.
Se vas por alí non apures as horas de sol, xa que non os encontrarás.


Muller Paraugas

Esta illa sempre foi de moito vento e de temporáis e de choiva. Pero aquí as mulleres están amarradas á terra.
Pisan forte, afundindo as pegadas na area.
Inma métese ó mar, metade serea. Inma, en forma de rocha, afúndese na praia, furando o tempo cos dedos.
Coma todas as sequeiras. Chova ou vente.



Meu amor é mariñeiro
 
Flora abría as fiestras para cantar. Sempre o pelo peiteado, sempre a voz de paxaro. Andrés era mariñeiro e gostaba do mar. Xuntos navegaban pola Illa na súa dorna. Durante un tempo Andrés marchou embarcado a Alemaña e mandaba postáis cunha letra moi bonita, de esas pausadas, que non separan o lapis do papel. Flora cantaba meu amor é mariñeiro e as notas ficaban no seu cabelo, navegando, coma Andrés na súa dorna.