Toms naceu hai uns anos como unha marca de zapatillas cunha filosofía moi especial: cada vez que un comprador mercaba unha das súas zapatillas, eles entregaban un par de zapatos a un neno que os necesitase. O seu fundador, Blake Mycoskie, tivo a idea tras unha viaxe a Arxentina, cando veu como os nenos vivían en extrema pobreza e en condicións sanitarias negativas. Dende 2006 levan entregados uns 35 millóns de pares de zapatos a nenos de todo o mundo. O modelo foise ampliando e agora algúns dos seus produtos serven para educar a comadroas, levar auga potable ou ofrecer asistencia sanitaria de oculistas.

Os zapatos de Toms son atractivos porque non son por tanto unicamente zapatos, pero é que ademais as súas coleccións teñen estilo e son perfectas para moitos estilismos. Ademais das zapatillas orixinais, Toms fabrica agora zapatos para muller, para home e para neno. Teñen botas, slippers, zapatos de tacón, sandalias ou botíns.

A marca tamén é responsable na fabricación dos seus zapatos. As súas caixas están feitas con materiais 80% reciclados e usan tinta de soia para imprimir os mensaxes e os seus zapatos empregan materiais orgánicos, naturais ou reciclados como materia prima.

Vistos recentemente