CAMPOMAGGI
Campomaggi, bolsos, mochilas e carteiras cun acabado artesán e excepcional. A marca de bolsos Campomaggi foi fundada no 1983 polo deseñador Marco Campomaggi. Este deseñador italiano da zona de San Carlo di Cesena coñeceu a súa paixón polos bolsos dende moi pequeno, cando estaba no colexio reciclaba a pel das monturas de cabalo e facía pequenos bolsos para venderlle os seus compañeiros. O pai que foi escultor foi unha das grandes influencias de Marco Campomaggi.
Os bolsos e mochilas Campomaggi son produtos fóra das tendencias que marca a moda, un bolso Campomaggi é un bolso para toda a vida debido á gran selección de peles e materiais que se utilizan na súa fabricación totalmente artesán. Estas pezas de colección envellecerán contigo e ó igual ca ti irán gañando cos anos.