BOLSOS CAMPOMAGGI

Temos o pracer de ver como cada colección que presentamos en Moksín dos bolsos e mochilas Campomaggi, provocan nas nosas clientas, vós, amores a primeira vista. Xa non sodes poucas as que ano a ano vos ides facendo cunha peza para facer unha pequena colección no voso armario. Como dicimos sempre unha das grandes vantaxes dos bolsos Campomaggi é que a filosofía desta marca céntrase na moda atemporal creando bolsos, ou pequenas xoias como nos gusta chamarlles, que poderedes usar e combinar ao longo dos anos.

 

Sempre é un pracer como comentabamos antes, ver entrar nas nosas tendas clientas con bolsos xa usados e moi usados pero aínda máis bonitos que o primeiro día. Do mesmo xeito que Campomaggi, en Moksín gústanos ver a moda como un investimento e non como un gasto. Con este tipo de marcas e produtos asegurámonos de que así sexa. Cando compramos MODA con maiúsculas e evitamos as tendencias caducas de cada momento sempre teremos no noso armario artigos que poderemos sacar e lucir no momento que máis nos apeteza sabendo e sentíndonos nós mesmos.

A continuación ensinámosvos algúns dos modelos dos bolsos Campomaggi que presentamos esta tempada en Moksín, algúns como poderedes observar levan correas moi barrocas traballadas con diferentes acabados láser combinados con tachas e pedrería.

E xa para finalizar deixámosvos o link da colección completa ou dos que xa quedan na nosa tenda online de bolsos campomaggi. Aquí atoparedes tamén carteiras Campomaggi, billeteras Campomaggi, mochilas Campomaggi e bolsos de viaxe Campomaggi.