BOLSOS CAMPOMAGGI EN MOKSÍN

No post de hoxe en Moksín queremos falarvos dun complemento imprescindible nos nosos armarios: o bolso. Un bolso elaborado con boas peles e con acabados coidados duraranos moitos anos e, aínda que o apartemos algunha tempada, cando o recuperemos gustaranos tanto como o primeiro día.

Unha marca de bolsos que nos acompaña desde hai moitos anos é Campomaggi. Os bolsos italianos Campomaggi cumpren moitos dos requisitos que buscamos en Moksín. Son bolsos de excelente calidade e están realizados de maneira artesanal. Os bolsos Campomaggi envellecen pero non se deterioran.

Un concepto que defendemos en Moksín é o slow fashion. Esta práctica é máis respectuosa co medio ambiente, os recursos e os traballadores, enfrontándose diametralmente ao concepto fast fashion. Cando invistes nun produto Campomaggi, estás a adquirir unha peza feita a man pensada para perdurar durante xeracións, comprarás un bolso único no canto de ter varios de calidades inferiores. Un bolso Campomaggi defínete como consumidora.

Os bolsos e mochilas Campomaggi están elaborados en Italia con peles vacúas que se tratan con tinguiduras vexetais extraídas de árbores como o castiñeiro, o carballo ou a mimosa e que, co tempo, vólvense únicas debido á particularidade de cada proceso.

Empezamos forte falándovos deste marabilloso bolso de man grande de Campomaggi Bela di Note. Realizado en pel vacúa, este shopping bag Campomaggi ten unha correa axustable e extraíble e, sen dúbida, o que máis destaca son as chatolas e adornos da parte frontal. As chatolas dos bolsos Campomaggi colócanse unha a unha e son únicas grazas a un mecanismo especial propio da marca, que aplana cada chatola de maneira diferente e irregular.

Un bolso fondo de armario é este de Campomaggi marrón modelo Alabama. Destaca a correa con chatolas que se axusta ao ombreiro perfectamente. Ten un tamaño medio perfecto para o teu día a día.

O seguinte bolso que vos presentamos é o shopping Campomaggi Virgo con chatolas. Un tamaño todoterreo no que poderás cargar con todo o que necesitas para os teus días fóra de casa. Este deseño de inspiración patchwork monomaterial está adornado con tiras de chatolas prateadas. Un modelo rock con moita personalidade.

A mochila Campomaggi Cyrus é toda unha xoia. Combina diferentes materiais como a lona, o tecido a raias e a pel. Esta mochila Campomaggi é lixeira e ten múltiples compartimentos. Perfecta para vacacións!

O seguinte bolso bandoleira de Campomaggi negro está realizado en pel vacúa e ten un tamaño moi bo para levar o xusto no teu día a día. Destacamos a bonita fibela magnética, un detalle que marca a diferenza. Trae dúas correas, unha curta e unha longa para que as utilices segundo as túas necesidades.

Encántanos este bolso grande de pel de Campomaggi de cor camel. Unha marabillosa peza que envellecerá con moito estilo. Despois duns meses de uso a pel poñerase moi branda e será unha gozada usalo.

Buscas un bolso bandoleira clásico? Este bolso cruzado de Campomaggi é unha boa opción. Realizado en pel marrón nun formato clásico de bandoleira con petos. O bolso bo de pel que necesitas.

Queremos terminar coa xoia da coroa. Este bolso de pel de Campomaggi forma parte da colección Bela di Notte, un conxunto de bolsos que reflicte a alma da marca. A lapela está salpicada de chatolas e pedras de cores que fan deste bolso unha peza única, das que non ven pola rúa.

Non deixes de revisar a nosa colección de bolsos Campomaggi para primavera verán 2022 na nosa páxina web www.moksin.com. Se desexas tocar e ver en persoa bolsos Campomaggi esperámoste na nosa tenda de Santiago de Compostela.

Asegurámosche que unha vez que probas os bolsos e mochilas Campomaggi non quererás probar outra marca. O acabado dos seus deseños é simplemente espectacular. O investimento vale a pena.