BOTAS MOU VERN, ÚLTIMAS NOVIDADES

Como seguro que xa sabedes esta é a segunda colección de botas Mou que se realiza para verán, a primeira foi o pasado verán. Esta primavera verán os materiais e tecidos que elixe Mou para realizar os seus deseños están dentro das tendencias máis fortes que a moda nos presenta para esta campaña. Un destos materiais estrela é o tecido vaqueiro. Os dous modelos de botas Mou que presentamos a continuación son un claro exemplo de como a marca emprega este material con diferentes acabados. A primeira bota Mou leva a cuña en esparto. O lateral da bota presenta o tecido vaqueiro en cor escura totalmente liso contrastando cos pespuntes claros en cor xeo e o estampado floral ao longo da pa. Este modelo é un dos máis orixinais que teremos este ano. 

A segunda opción de bota Mou con tecido vaqueiro está pensada para as mozas máis urbanas e que non renuncian ao plano. A sola leva o acabado sneaker en goma e o tecido vaqueiro presenta pequenas roturas aleatorias, a cor é un ton máis claro que o da bota Mou de cuña de esparto. 

Deixando os tecidos ao carón, Mou tamén nos presenta outras opcións de botas con acabados en coiro dividido, pero con adornos e pedrería que fan das botas pequenas xoias para as máis caprichosas. As seguintes botas Mou de verán con cuña de esparto son un claro exemplo deste tipo de acabados que fan delas unhas botas moito máis sofisticadas que as anteriores. As pedras nas tiras cruzadas dunha e a flor central no empeine da outra vos namorarán. 

Outra da vantaxes destas botas Mou son as súas cores, moi fáciles de combinar con toda a gama cromática que se presenta este verán nas coleccións de roupa. E xa para acabar ensinámosvos outra opción na bota plana de Mou tipo sneaker. O acabado en pel branca gravada dará luz a calquera look, ademais de facilidade á hora de combinar o look máis atrevido en canto a cores. 

Esperámosvos en Moksín para que poidades ver e tocar esta nova colección de botas Mou para verán.