BOTINS SEIALE Colección outono inverno 2019

Desde Moksín querémosvos axudar a atopar ese botín comodín para os looks de inverno. Hoxe presentámosvos unha selección de botíns Seiale de estilo minimalista. Seiale ofrécenos diferentes opcións á hora de comprar, pero sempre cun calce perfecto e gran calidade. Os botíns Seiale que veredes a continuación son sen dúbida o investimento ideal para esta nova tempada. Botíns básicos cun toque diferente que se ve e sente. A marca Seiale é 100% española. 

 

 

 

O primeiro de hoxe é un botín Seiale con plataforma e peche de cordón. Un botín Seiale con aire militar á vez que arranxado, non quixemos que resultase un botín calquera e para iso centrámonos en elixir as cores perfectas para que o resultado fose o que buscamos, un atrevido amarelo mostaza ou un diferente verde petróleo. Non deixedes de prestar atención.

 

 

Deixamos ao carón o colorido e centrámonos nun botín básico en pel cor negra. Botín Seiale con tacón ancho e pequena plataforma dianteira. Esta segunda opción é apta tanto para pantalóns como para saias ou vestidos, un botín Seiale con peche de cremalleira interior e un calce perfecto que será o voso mellor aliado este inverno. 

 

 

 

 

A moda móstranos o que leva cada tempada e Seiale mestúrao neste botín, estilo militar con tacón ancho e pequena plataforma, un botín Seiale que grazas ao seu peche de cordón central adáptase á perfección. Neste deseño as cores elixidas son o negro e o topo. 

 

 

 

Se buscades cortes sinxelos e cores fáciles, pero sempre con calidade non perdades detalle da terceira opción, o modelo Canteiro de Seiale é un botín fabricado en ante con foro de pel que se adaptará xenial a calquera pé. Este botín Seiale leva tacón ancho con plataforma dianteira en crepelina, a cor elixida o camelunha cor fácil e moi combinable ou o negro a cor por excelencia do inverno. 

Gozar de toda a colección Seiale na nosa tenda online