CHIARA FERRAGNI Colección outono inverno 2019
Neste novo post ímosvos a falar da nova colección de zapatillas Chiara Ferragni, a italiana máis famosa que crea tendencia. En Moksín fixemos unha selección dos modelos que cremos que vos resultarán máis interesantes. Como non podía ser doutra forma, en todos os modelos Chiara Ferragni temos que destacar a estética. Esta nova colección combina deseños atrevidos en liña coa súa creadora todo un referente na moda, e deseños máis tranquilos que a pesar da súa sinxeleza marcan tendencia. Se no referente aos pés sodes das que vos gusta ir sempre á última, non vos perdades detalle das zapatillas Chiara Ferragni que vos mostramos a continuación.
O primeiro modelo de zapatillas Chiara Ferragni que vos presentamos é sen dúbida o máis atrevido. A súa plataforma asegura aos vosos pés comodidade e moda a partes iguais. Esta zapatilla Chiara Ferragni está elaborada en cor branca e leva peche de cordóns na parte central. Un modelo que non deixase indiferente a ninguén.
Se buscas un modelo máis tranquilo e gústanche os logos, esta proposta encantarache. A zapatilla Chiara Ferragni que vos mostramos é un modelo básico totalmente branco con detalles en dourado. As iniciais da famosa influencer, CF, destacan na lateral zapatilla e faranche brillar. Sen dúbida esta zapatilla Chiara Ferragni é un bo investimento porque a poñerás moito. A súa comodidade e versatilidade son un aliado para todo o ano.
Se pola contra sodes das que preferides un outfit total white, temos dispoñible outro modelo. Esta deportiva con sola creeper leva como único detalle o icónico ollo e pálpebra na parte de atrás. Este modelo de zapatillas Chiara Ferragni é un básico con ese punto cool que che encantará con todos os teus looks.
Entra na nosa tenda online ou visítanos en calquera das nosas tendas e non deixes pasar a oportunidade de probarche unhas zapatillas de Chiara Ferragni.
Esperámoste!