DEPORTIVOS ELENA IACHI
Os deportivos seguen sendo uns dos produtos máis vendidos estas últimas tempadas e para a seguinte non vai ser menos. Vimos coleccións de moitas firmas e en todas elas sempre hai un bo oco dedicado a eles.
Seleccionamos dous modelos dentro da colección de Elena Iachi que cremos que se van a converter en obxecto do voso desexo.
A maior diferenza entre estes dous deportivos de Elena Iachi é o tipo de peche. Un usa dobre belcro e o outro leva cordón. Desde o noso punto de vista o dobre belcro achégalle moito máis carácter ao deportivo e se sodes das que queredes ir un pouquiño máis tranquilas pois tedes a opción do cordón.
As dúas peles que utilizan son a pel con print de leopardo e a pel con print militar. Escollemos estas dúas peles porque para este inverno son os materiais máis acertados e estamos seguros que van continuar a próxima primavera.
Outro dos factores que lle achegan moita personalidade a estes deportivos de Elena Iachi son os detalles en cor neón fucsia e en cor neón flúor. Do mesmo xeito que as peles que usan, estas cores neón tamén se van a ver nas coleccións do próximo verán.
Sen dúbida coa compra destes Elena Iachi asegurarédesvos de ter un produto que vos servirá para o que queda deste ano e para todo o ano que vén debido á súa estética máis avanzada e ao acabado dos seus materiais.
Aquí deixámosvos unhas fotos destes deportivos de Elena Iachi que xa están a triunfar tanto nas nosas tendas físicas como na nosa tenda online.
Descobre a nosa selección de favoritos aquí.