O PARASO EST MIS CERCA DO QUE PENSAMOS.

Somos moitos os que a veces nos volvemos tolos buscando o paraíso e non nos damos conta de que pode estar máis cerca do que pensamos. Só hai que mirar ao noso arredor cos ollos ben abertos e atoparemos grandes paraísos preto de nós, a veces pode ser un lugar, outras unha persoa, en algúns casos unha sensación... Do que non nos cabe dúbida é que Galicia está cheo deles.

Hai un tempo coñecemos unha isleña chamada Andrea que vivía a partes iguais fascinada e inspirada pola súa illa. A nós non se nos ocorreu mellor idea que pedirlle que nos contase esas historias e compartilas convosco. Así que cada certo tempo iremos recibindo no noso escaparate e tamén na web aventuras paradisíacas. Todas as historias son parte do seu proxecto creativo chamado La Platanera. Esperamos que vos gusten :)

Historia nº1 - A ABILLEIRA -

Sentábanse a tomar o sol pola tardiña. Pegados ás paredes das primeiras casa da Illa, agora trociños de seixos. Amacetados nas súas cadeiras feitas de anacos de barcos, nasas e cadeiras de salón. Os bos días, os saúdos de cachola, os sorrisos de nenos, a xuntanza porque si. En fila, xiraban para a esquerda ou a dereita a cara segundo quen falase. Pero a maioría do tempo miraban cara ó mar e as dornas que alí repousaban. Se vas por alí non apures as horas de sol, xa que non os encontrarás.


Foto escaparate primavera 2016 1
 


 

AGRADECEMENTOS:

As historias paradisíacas que acontecen neste escaparate non serían posibles sen a colaboración de Andrea Fernández (Avi). ou o que é o mesmo, La Platanera. Este proxecto de nome caribeño está situado nunha illa atlántica e nel suceden traballos de deseño, serigrafía, vídeo… e historias paradisíacas como as que aquí vedes.

+ info: www.laplatanera.com

 

Pezas paradisíacas e historias: La Platanera

Producción de mobiliario: Kico Mobiliario

Dirección de arte: Ariadana Castells

Dirección creativa e concepto: Tino Barreiro