ESCAPARATE DE FOS EN MOKSIN

“Enreda nunha conversa, cos teus amigos, con aqueles lugares de aquí e de máis alá. Non esquezas o que sempre din as avoas “ti fai o que che gusta”. Deixa un oco para ese bule bule que nace na cabeza e vive no corazón. Enreda co fío das cousas que che gustan e quizais acabes tecendo a historia da paixón da túa vida.”



 

 

 

Esta é nosa particular invitación primavera verán en forma de escaparate para que explores, imaxines e te perdas nesas cousas que che gustan. Pasamos moito tempo enredados niso que odiamos e é momento de adicar algo máis de tempo ao que nos fai felices.

 

 

Este escaparate é unha colaboración cos creadores de Fíos, unha empresa formada por un grupo de deseñadores galegos que se coñeceron estudando e que agora lles dan forma aos seus  enredos acaban para crearen obxectos funcionais que se moven entre a arte contemporánea e o deseño. 

 

 

 

Esperemos que esta instalación che guste tanto como a nós. Podes enredar mirando para ela o tempo que queiras, e tamén na súa web.