AS 3 MELLORES BOTAS PARA O FRO: AS BOTAS MOU, AS BOTAS DOLFIE E AS BOTAS NEMONIC

A primeira opción da que imos dar conta son as botas Mou con cuña interior. Fai xa dous invernos que estas marabillosas botas con la natural de ovella fai parte das nosas vidas aportando estilo e comodidade dunha maneira única. Este inverno espérase que por fin cheguen á maioría dos armarios debido a que cada vez son máis coñecidas e as clientas que as proban quedan namoradas coa súa imaxe e comodidade, especialmente por ser botas con cuña interior, o que as diferencia da súa competencia.  Na nosa selección para Moksín poderedes atopar dende as básicas botas Mou con cuña interior ata as botas Mou planas para as que non gusten da cuña. Presentamos diferentes acabados de peles, botas Mou metalizadas e botas Mou en ante mate. Despois de todas estas vantaxes, ides quedar sen as vosas botas Mou este inverno?

Colección de Mou

A segunda opción que vos propoñemos son as botas Dolfie, concretamente en dúas versións: o modelo Indiana de estilo moon boots e o modelo Alanis que é unha das novidades que a marca Dolfie presenta este ano para ampliar a colección de pelo interior que tanto éxito tivo o inverno pasado. Se a vosa opción son as botas Dolfie non deixaredes a ninguén indiferente.

Colección de Dolfie

A última opción que vos presentaremos na tenda será a nova liña de botas con pelo interior e de estilo boho chic que realizou a marca Nemonic. As botas Nemonic con pelo interior levan ademais unha mini cuña interior de uns 3 cm o que lles aporta un extra de comodidade. Nesta nova aposta as botas Nemonic non perden a súa esencia de mistura de materiais e abelorios facendo así que en ningún momento ao velas esquezamos de cales son os sinais de identidade desta marca que xa é unha referencia dentro das diferentes opcións de botas e botíns que temos hoxe en día.

Colección de Nemonic

Agora xa podedes elixir as que vos gusten máis e se adapten ao voso estilo e necesidades, con calquera destas tres opción, as botas Mou, as botas Dolfie ou as botas Nemonic acertaredes por completo.