LEI É, UNHA APOSTA POLO CONTEMPORNEO.
Ademais dos marcados deseños que identifican os zapatos e sandalias de LEI É, outra característica que diferencia a marca é a súa peza de xoiería incrustada na parte inferior da sola, símbolo que aparece tamén na parte superior do logo da marca, a súa forma de anel pode levarnos a pensar metaforicamente e dicir que LEI É busca compromisos a longo prazo coas mozas que os proban por primeira vez. Deixando de lado esta forma tan romántica de velo e entrando na realidade podemos dicir que LEI É é unha marca de luxo a un prezo máis que asumible se a comparamos con outras da súa mesma calidade. Todas as solas están realizadas en coiro e con un centro que non desliza, ademais as súas plantas soft con efecto “memoria” fan moi confortables os seus modelos. Formas puras e femininas, cortes xeométricos sobre as mellores peles para crear un calzado único.
Dentro da colección que seleccionamos para Moksín atopamos modelos pertencentes á liña Original de LEI É e á denominada Series.
Dentro da Original atopamos os salóns de glitter co seu tacón ancho e punta redonda que tanto éxito tiveron esta tempada de verán, tamén aplican a este modelo o Black and White como podedes ver nas seguintes fotos:
Tamén engloban dentro da liña Original as sandalias de tacón ancho, xa sea na súa versión de tacón alto como de tacón medio, unha característica destas sandalias é a combinación da pel espello nas tiras dianteiras e o tacón, isto fai que unha vez postas as sandalias aporten unha gran personalidade ao Look.
En canto á liña denominada Series presentamos a seguinte sandalia tamén con un tacón ancho e unha combinación moi especial de cores nude, pel negra e unha tira na parte dianteira con un gravado imitando a cebra. O corte limpo e xeométrico das pezas de pel que forman a sandalia fará que levedes nos pés unha das sandalias máis especiais deste verán.
Como podedes ver, se queredes sentirvos únicas e especiais calzando uns zapatos ou sandalias para as vosas festas ou eventos de verán, a mellor opción é LEI É. Incluso se estades dispostas a romper, algúns dos seus modelos son perfectos como zapatos de voda. LEI É, unha aposta polo contemporáneo.