Miista

Estamos acostumados a ver a galegos entre fios e telas, pero cando se trata de coiro e solas a cousa cambia un pouco. É por isto que para nós é un placer presentarvos a Laura Villasenin ou o que ven a ser o mesmo: Miista. Así se chama a firma desta galega afincanda en Londres que poderedes atopar a partir de agora nas nosas tendas ou na nosa web. Non hai moito que dicir dos seus deseños, só hai que velos para entender que a personalidade e descaro que transmiten é algo especial. O modelo que atoparedes na nosa web é unha sandalia de dúas tiras con tacón transparente que está disponible en dúas cores, branco e negro. Aínda que o seu deseño é moi mínimo a nivel de elementos, o conxunto que consiguen cos detalles nos acabados, traslada esta sandalia a outro nivel. Son moi poucos os modelos que manteñen o equilibrio entre o vestido e o informal, que nos aportan flexibilidade para calquera look, e este é un deles. Moitas gracias Laura por amosar tanto agarimo nos teus deseños.
 
Esperemos que vos gusten e que poidamos seguir ampliando a nosa colección desta galega nas nosas tendas.



Degradado de cor no tacón de metacrilato.






Pel metalizada na pala.