MOU NOVA COLECCIÓN

Por terceiro verán consecutivo desde Moksín presentámosvos a colección de primavera-verán de Mou que se colou con éxito entre os nosos imprescindibles na época estival. 

Alégranos comprobar que as nosas clientas repiten cos modelos de verán despois de comprar un par no inverno, e é que as súas cuñas son comodísimas! Ademais de que o deseño mellora cada campaña: Pezas combinables, divertidas e á última.

Queres ver o que vos traemos este verán? Segue lendo! 

Este botín con cuña de Mou é simplemente espectacular. A pa chea de abalorios de dobre cara fará que deslumbres cando a leves. A parte lateral está realizada en ante cor xeo. A cuña está forrada parcialmente con esparto, un material imprescindible cada verán.

Outra das botas Mou que vos traemos é esta con cortes láser ao longo da pa e nos laterais, un modelo moi fresco para os longos días de verán. Tachas e esparto completan a peza.


Como xa vos ensinamos na colección pasada Mou aposta por un piso tipo running sneaker, como as zapatillas que se volveron un must no noso armario. Esta primavera verán traémosvos este modelo realizado en pel branca cun acabado roto. Suela ultralixeira e forro en tecido para un botín fresquiño e moi moi cómodo.

Outra opción do mais cómoda é este botín tobillero con suela deportiva. Realizado nunha agradable cor rosa e cargado de chatolas, ideal para unha moza urbana e moderna.


En canto vimos esta sandalia namorámonos totalmente: pelo con estampado animal, brillos e plataforma conxugan perfectamente. A cor amarela é a raíña e destaca nesta sandalia Mou. A plataforma é ultralixeira e as tiras suxeitan moi ben o pé. 

 

Esta sandalia con plataforma de Mou non ten nada que envexarlle á súa compañeira. A pel branca rota acompañada das preciosas pedras convértena nunha das pezas estrela desta tempada. Imaxínaa nas túas noites de verán cun vestido longo e un bolsiño de coiro. Ideal verdade?


Sexa como sexa o teu estilo, Mou ten algo que ofrecerche, pásate polas nosas tendas para probar as últimas novidades da marca. Esperámoste!