NOVAS BOTAS BLUNDSTONE PARA OUTONO INVERNO
Hoxe en Moksín queremos falarvos das botas Blundstone xa que son unhas das nosas favoritas para a tempada outono inverno 2021. Xa estaredes ao tanto de que traballamos con botíns Blundstone dende hai varios anos e estamos moi contentos con eles.
Empezamos lembrando os clásicos da marca australiana. A BOTA BLUNDSTONE 585 RUSTIC BROWN e a BOTA BLUNDSTONE 587 RUSTICBLACK teñen un posto fixo nos nosos andeis. Este modelo de botíns chelsea é un dos máis solicitados. A razón é a súa pel con acabado envellecido xa que teñen unha estética moi urbana e casual. Canto máis os uses máis bonitos se poñerán!
Por suposto seguimos contando coas botas Blundstone con elásticos laterais clásicas realizadas en pel. A BOTA BLUNDSTONE 500 BROWN está realizada en pel marrón e a BOTA BLUNDSTONE 510 BLACK é de pel negra. Unha aposta segura dentro da marca.
Como novidade querémosvos falar das BOTAS BLUNDSTONE VEGANAS. Unha nova incorporación ao catálogo da marca que nos encantou. Están realizadas completamente con materiais de cero orixe animal e conservan a mesma calidade que a bota Blundstone orixinal de pel. O material utilizado para a realización destas BOTAS CHELSEA BLUNDSTONE VEGANAS é micro fibra patentada water resistant. Ademais a plantilla é transpirable e ten beneficios antibacterianos e antimicrobianos. Escollemos as dúas cores que cremos que máis vos poden interesar.
A BOTA BLUNDSTONE 2116 BROWN VEGAN en cor marrón chocolate. Perfecta para os teus looks otoñais con pichi de pana e media de lá.
A BOTA BLUNDSTONE 2115 BLACK VEGAN en cor negra. Quen non necesita unha bota negra no inverno? Un básico imprescindible.
Ollo a este modelo que volvemos repetir. A bota Blundstone 1615 DARK OLIVE ten un acabado en serraje verde oliva. Do mesmo xeito que os seus compañeiros de marca este botín de elásticos Blundstone é resistente e moi cómodo.
Se buscas comprar botas Blundstone para nenos e nenas aquí temos unhas! Non nos digades que este botín non é unha monada.Perfecto para que os peques vaian a xogo cos maiores. O botín Blundstone de nenos 565 RUSTIC BROWN resultaralles comodísimo.
Os mozos están de sorte xa que temos unha Blundstone con cordóns para eles. A BOTA BLUNDSTONE 1931 é un modelo fácil de calzar que se axusta ao pé perfectamente.
Blundstone cumpriu 150 anos e en todo este tempo non deixou de realizar botíns de calidade e innovar no uso de materiais. Hoxe en día podes atopar botas Blundstone paseando nas rúas máis cosmopolitas de Europa e pequenos pobos da nosa Galicia que tanto nos gustan.
Non deixes de entrar na nosa web moksín.com se queres comprar botas Blundstone en liña con envío en 24/48 horas. Temos unha ampla variedade de botas Blundstone de nova colección. Se queres comprar botas Blundstone en Santiago de Compostela esperámoste na nosa tenda de Montero Ríos onde che axudaremos encantados.