SANDALIAS CON SOLA DE ESPARTO
No post de hoxe desde Moksín imos falarvos dunha das tendencias estrela de cada verán: o esparto. As sandalias con sola de esparto son fixas nos nosos zapateiros desde hai décadas e evolucionaron de calzado para o campo a calzado imprescindible para a época estival.
Seiale tráenos un verán máis un puñado de boas opcións en materia de sandalias cómodas e fresquiñas, modelos versátiles que combinan con saias e vestidos vaporosos e con vaqueiros e blusa branca ao máis puro estilo francés.
Empezamos falándovos da alpargata con cuña de esparto Seiale Oco. A clásica alpargata de toda a vida, pechada por diante e con tira ao nocello. Destacamos a plantilla en pel xa que achega unha boa sensación ao camiñar. A cuña mide uns sete centímetros aproximadamente. Dispoñible en ante camel e ante negro.
Coa mesma altura e coa parte dianteira de tecido en cor crema a alpartata de cuña Zuleiro é unha boa aposta para os teus looks de verán. Ideais con vestidos de liño.
Se buscas unha alpargata con cuña media o modelo Oleiro de Seiale é o teu. Con cinco cm de altura poderala levar durante todo o día cómodamente.
Encántanos a alpargata con cuña de esparto con cintas ao nocello Seiale Vetillo. Esta alpargata queda xenial con vestidos frescos de verán. A plataforma dianteira resta altura e fai que a sensación ao camiñar sexa case como ir en plano. Atrévete a levalas coas tiras moi subidas no xemelgo. Espectacular.
A sandalia con plataforma de esparto Frauta de Seiale destaca polo seu persoal acolchado, asegurámosche que se nota. Unha sandalia urbana e xove perfecta para o teu día a día.
Esta sandalia de elásticos con sola de esparto modelo Furna de Seiale parécenos unha boa elección para levar de vacacións, o pé vai suxeito e a pisada é moi cómoda grazas a plantilla de pel. Ideal con pantalóns fluídos.
Se nos baixamos aínda máis de altura atopámonos con esta marabillosa sandalia con sola de esparto Seiale Frete. O pé non se moverá grazas ás cordas que se cruzan en todo o empeine. Serán o teu mellor aliado cando as temperaturas suban. Ademais parécennos moi favorecedoras.
As alpargatas Seiale con sola de esparto e lazos vichy son unhas das nosas favoritas. A lazada é preciosa e destaca moito sobre a pel. Un claro exemplo dun modelo clásico actualizado para adaptarse ás novas tendencias. Que cor che gusta máis?
Como podedes ver temos unha ampla selección de sandalias de esparto, cuñas de esparto, zapatillas de esparto…un material que non desaparecerá dos nosos zapateiros en moito tempo, e nós encantadas! O esparto é sinónimo de verán. Pásate pola nosa web www.moksin.com para descubrir as últimas novidades. Esperámoste!