SANDALIAS SINXELAS DE COMBINAR
Esta primavera verán, e coma todos os anos por estas datas, sabemos que empeza a que veces pode ser interminable procura do zapato ou sandalia perfecta para o voso outfit. Sabendo isto, ímosvos a dar unhas cantas ideas que esperamos que algunha vos poida axudar neste mundo tan amplo de modelos e cores ;).
En Moksín, e concretamente neste post, presentámosvos para os diferentes eventos que teredes este verán, diferentes alturas de sandalias e cores sinxelos de combinar con calquera look. A moda de esta primavera verán, presenta moitas peles en espello. Este sinxelo acabado, pode axudar a que unhas sandalias mono cor e deseño minimal, convirtan as vosas pernas no obxecto de tódalas miradas. Incluso aquelas convencidas dos outfits planos poderedes lucir pernas estilizadas como se levarades os tacóns máis altos.
Escollemos nesta ocasión as sandalias da marca Schutz para darvos diferentes opcións e alturas. Comezamos co modelo Juliana de Schutz, que é a sandalia de tacón alto que ensina un debuxo de formas xeométricas ó longo de todo o empeine, chegando ate a parte frontal do nocello, todo este acabado fai que a sandalia posta no pé faga unha perna moi longa, e como xa vos dixemos anteriormente podedes comprobar que a cor pratino e a cor prata con acabado espello a fan versátil e sinxela de combinar con calquera cor de vestido. Na cor negra substitúese a pel en espello por nobuck negro o que a fai moi elegante e moi poñible en diferentes momentos do día.
Para as que non vos guste o tacón, nas fotos que amosamos a continuación, poderedes ver a versión plana da cor espello pratino e espello prata das sandalias que falabamos antes.
Outra sandalia moi doada de combinar é a que vos ensinamos a continuación co tecido tipo glitter aplicado ó longo das tiras. É unha sandalia alta ao igual que o modelo Juliana. A diferencia é que esta ten un corte moi sinxelo que posto no pé fai que a sandalia e a perna luzan o dobre que na man. Este é o típico modelo de proba obrigada para poder ver o efecto. A versión plana ao igual que o modelo alto leva dobre fibela, atando a segunda na parta alta do nocello para facer a perna máis bonita e longa ao igual que os anteriores modelos.
E xa para rematar presentámosvos a opción de medio taco para as rapazas que queren ir moi cómodas, pero sen renunciar a un pouco de altura. A sandalia de Schutz que vos amosamos leva as tiras finas para estilizar o pé e facer o modelo sinxelo, predominando o material, xa sexa o charol negro ou o tecido tipo glitter. Dicirvos tamén que este tipo de tecido en función da luz consegue diferentes cores polo que poderedes combinalo con calquera cor de vestido sempre que vos guste o conxunto.
Agardamos que vos gustaran tanto como a nós estos modelos de Schutz, así coma os materiais, e que vos parezan sinxelos de combinar co voso look.
Descubre toda a colección Schutz aquí.
Vémonos en calquera das nosas tendas! a que sexa a vosa favorita!!!