TRES RETOS DO NADAL E OS ZAPATOS PERFECTOS PARA SOBREVIVIR A ELES
O Nadal é unha época do ano destacada. É o momento no que as rúas se engalanan e aparecen árbores, luces e decoración en practicamente calquera curruncho, no que un sempre acaba coa familia, no que se sucede as ceas e os almorzos e no que o que un viste e sobre todo o que un calza parece máis importante que nunca, ou polo menos máis que un mes atrás. Un non debe descoidar o calzado no Nadal e non só porque o 5 de xaneiro os Reis os empreguen para deixar os seus agasallos. O Nadal está cheo de retos e hai zapatos perfectos para cada un deles.
Zapatos para sobrevivir ao exame das avoas
Practicamente tan clásico como as discusións familiares de sobremesa ou as leccións que imparten tíos ou cuñados nos almorzos e ceas familiares durante o Nadal é o exame que as avoas impoñen a netos e demais familia. Son probas duras, nas que hai que preparar todos os detalles para saír con ben da situación. As avoas analizan se un engordou ou perdeu peso, se o corte de pelo é favorecedor ou, e sobre todo, se se leva un estilismo axeitado e digno de boa nota. Incluír uns bos zapatos no outfit é por tanto esencial para sobrevivir á proba máis dura do Nadal.
Zapatos para ser a raíña ou o rei das festas
O Nadal é unha escusa máis – e unha ben recibida ano tras ano – para ir de festa e para estrear estilismo acorde a ela. O look perfecto para as festas do Nadal, xa sexa a noite de Fin de Ano ou unha cea con amigos, ten que incluír tendencia, estilo e os zapatos perfectos. A festa non acaba ata que amañece e os zapatos deben estar á altura. Todo iso debe lograrse ademais sen renunciar ao toque que dan uns zapatos de festa.
Zapatos para o día despois ou para perseguir aos Reis
Unha das consecuencias que ten o Nadal é a de facer que todos acabemos máis ben cansos e desexosos dun bo descanso tras noites de troula e comida. O malo é que todos sabemos que o descanso non durará moito máis dunha semana, ata que chegue a próxima comida de Nadal. Por iso resulta moi importante contar cuns zapatos para eses días despois, que permitan a un manter o ritmo sen perder un ápice de estilo e gañando en comodidade. Habería que sumar que estes zapatos son perfectos para a última gran festa do Nadal e que servirán para perseguir aos Reis Magos na cabalgata e posiblemente ser o suficientemente rápido como para lograr facerse con algún caramelo.