UNHA GUA DE FESTIVAIS DE MÚSICA QUE NON DEBES PERDER EN GALICIA ESTE VERN
De norte a sur, de leste a oeste: toda Galicia se enche de música durante os meses de verán, xa sexa grazas ás orquestras e ás verbenas (e ás competicións de todas as comisións de festas por ser as que mellor festa organizan ) ou polos festivais que cada ano se organizan en cada recuncho galego. Hainos para todos os gustos e para todos os públicos e un só ten que escoller o que máis se acomode aos propios intereses. Escoller só tres para que sirvan para abrir boca é difícil, pero un xa sabe que esta é só unha lista de inspiración: cada un pode completala con moitos máis nomes.
Un dos grandes clásicos dos festivais de verán en Galicia e posiblemente un dos que ten xa unha traxectoria máis longa. Cada mes de xullo reúnense en Santa Marta de Ortigueira os fans da música folk, para gozar dos mellores grupos e intérpretes de música celta. Máis de cen mil asistentes pasan pola localidade e o festival é un dos referentes a nivel mundial neste estilo. Catro días dan para moito e o mellor é levar zapatos ben cómodos para resistir o tirón. Unhas zapatillas Vans poden ser unha opción para resistir tanta troula.
O festival SinSal é posiblemente o máis diferente dos festivais de música de cada verán en Galicia e é tamén o que se nun escenario máis peculiar: cada ano ocupa a illa de San Simón, escenario dalgunhas cantigas medievais, lazareto no XIX, punto destacado da ría de Vigo sobre a que escribiu Jules Verne e tamén cárcere durante a Guerra Civil. O lugar ten por tanto unha carga histórica moi importante. Pero o festival non é diferente polo onde senón tamén polo como: o seu cartel é un misterio ata o propio festival e os asistentes poden facer quinielas sobre quen tocará. Ademais, o aforo é superreducido (a illa de San Simón non dá para máis) e todos os concertos son durante o día. Unhas zapatillas Vans con esparto ou unhas zapatillas Converse de cores son perfectas para asistir a el.
É xa outro dos clásicos do panorama de festivais do verán en Galicia, neste caso en Ourense e en setembro. Nos últimos anos estase a celebrar na Cidade dos Muchachos de Bemposta, un lugar cunha historia moi especial: durante anos foi un espazo educativo que partía das artes para conectar cos rapaces. Segundo explican os mesmos responsables do festival na súa presentación é un encontro “multidisciplinar que busca a orixinalidade en todos os estilos que acolle baixo o paraugas da mestizaxe cultural”. Hai música de todas partes e circo. Só terás, por tanto, que poñer os teus zapatos máis cómodos e ir ata alá. Xa poden ser uns botíns deportivos de Nemonic, por se setembro ben un pouco fresco, ou unhas sandalias Inuovo, por se é (máis probable) un setembro de calor.