ZAPATOS NEMONIC Colección outono inverno 2019

Dende Moksín querémosvos presentar a nova colección de zapatos Nemonic. Unha colección fabricada 100% en España. Campaña tras campaña, Nemonic ofrécenos a oportunidade de probar modelos de zapatos de estilo retro vintage. Os zapatos Nemonic son a partes iguais, orixinais e comodísimos. Entre as diferentes opcións que vos imos a mostrar podedes atopar charoles, pata de galo ou tacóns bicolor ou incluso todas as opcións nun só zapato. A súa orixinalidade fai que os pés de quen se poña uns zapatos Nemonic leven todas as miradas. 

Para comezar seleccionamos o modelo por excelencia: o tacón de raias bicolor. Este zapato de tacón medio está dispoñible en charol mariño ou verde. O deseño con tira tipo “ T “ fai que sexa un zapato moi favorecedor para os vosos looks lady.

 

 

 

Agora a versión con máis tacón, esta vez podedes elixir entre negro e granate. Zapato en charol negro con tacón raiado bicolor e vivos en branco, ou charol granate con vivos ouro e tacón en tons terra. Do mesmo xeito que os anteriores este modelo de zapatos Nemonic tamén leva tira tipo “ T” o que proporciona unha suxeición perfecta.

 

 

 

A terceira opción de zapatos Nemonic é o perfecto para os días máis fríos, zapato de cordón que combina diferentes peles e estampados. Neste zapato Nemonic podes atopar charol vermello, pata de galo en branco e negro, vivos e tacón bicolor, sen dúbida un zapato para as amantes do diferente. 

 

 

Para terminar a selección de zapatos Nemonic mostrámosvos este modelo tipo merceditas con tacón. O máis explosivo que combina vermello, branco e negro ou o máis tranquilo en tons terra. Un zapato Nemonic ideal tanto para os looks de oficina como para os vosos momentos de lecer.

 

 

Esperámosvos nas nosas tendas para que vos probedes os zapatos Nemonic que mellor se adapten ao voso gusto.