ZAPATOS E BOTAS BEYOND Colección outono inverno 2019

En Moksín apreciamos a moda e o diferente, por ese motivo é para nós moi gratificante falarvos neste novo post dos zapatos e botas Beyond, unha marca con moita personalidade que nos achega un pouco máis á moda. Beyond é unha marca italiana de estilo casual. Todos os deseños Beyond están fabricados con peles de máxima calidade e cun calce perfecto, os zapatos e botas Beyond son os perfectos para esas mulleres que teñen as ideas claras, atrevidas e sobre todo divertidas. Esta pequena selección que vos mostramos une deseño, calidade e sobre todo comodidade. 

O primeiro modelo que vos mostramos é a estrela da colección, o deportivo Beyond abotinado en branco e ouro, elaborado con pel lisa e pel metalizada. Un deportivo Beyond que non deixará indiferente a ninguén. Este deportivo Beyond leva peche de cordón e logotipo no copete, neste deportivo Beyond o toque de cor está no forro cun atrevido amarelo. Este deportivo Beyond fará do voso estilismo un lookazo. 

 

 

Agora cambiamos a un botín que fará que brilledes na rúa, botín Beyond tipo Chelsea con pel en charol. hora de escoller cores neste modelo decantámonos polo básico branco e o rechamante amarelo, ambas as cores combinadas con negro. O resultado sen dúbida un acerto. Botín Beyond con elásticos laterais e tirador traseiro para un calce perfecto. Se o voso estilo é casual e buscades algo diferente botarlles unha ollada a estes botíns Beyond.

 

 

 

Entrade na nosa tenda online e gozade das últimas tendencias en moda.