O calzado de Catarina Martins está feito na rexión de Oporto, Portugal. Todo o que precisan para facer os zapatos é buscado nas diferentes fábricas e provedores da rexión, o que fai que dende a materia prima ata a fabricación, que se fai dun xeito artesanal, se faga nuns poucos quilómetros cadrados, facendo dos zapatos de Catarina Martins un calzado sostible.

Catarina Martins naceu en 2003 cando Paulo Martins, o seu creador, decidiu aproveitar a súa experiencia no mundo da moda para crear unha marca de zapatos cunha personalidade que fose forte e creativa. Iso é o que fai dos zapatos de Catarina Martins algo completamente diferente: son zapatos distintos, cunha personalidade arrolladora, para mulleres que buscan zapatos auténticos e únicos. As mulleres que calzan zapatos de Catarina Martins son mulleres modernas e dinámicas. Ao fin e ao cabo, o lema da marca é que a vida é demasiado curta para durmir a sesta. 

Os zapatos empregan materiais non só de máxima calidade senón tamén innovadores e auténticos, que fan de cada zapato algo único.

Podes atopar as súas botas, botíns ou zapatos na nosa tenda online. 

Vistos recentemente