HUDSON
Hudson é unha marca de zapatos de aires totalmente british. Foi fundada en Londres no 1990 e a capital británica é o lugar no que se deseñan os zapatos de Hudson. Os seus zapatos seguen os modelos clásicos, con brogues e zapatos formais que parecen atemporais, pero cun toque moderno, un xiro que os fai diferentes e que os leva a destacar sobre a media.
A pesar de que a marca produce zapatos eminentemente británicos, a súa inspiración é moito máis global. Para facer de cada zapatos algo único escollen diferentes lugares e diferentes técnicas de fabricación de zapatos de todo o mundo como inspiración. Por exemplo, nalgúns modelos empregan técnicas de acabado chegadas doutros lugares.
A súa filosofía é a de ofrecer a mellor calidade, pero sen que os seus zapatos perdan o ser asumibles. Aínda que Hudson é coñecida sobre todo polos seus zapatos para home, dende hai uns anos tamén contan con algúns modelos de zapatos para muller. Zapatillas, brogues, botas, zapatos casuais e mesmo zapatos de voda son algúns dos modelos que forman parte do seu catálogo.