MOU NENOS
Unha das últimas obsesións de todos aqueles que van á última son as botas Mou, que nos últimos anos están a protagonizar moitos editoriais de moda e a converterse nunhas das botas favoritas das famosas. Tamén das máis pequenas. A razón deste interese crecente nas botas Mou está en que son unhas moi boas aliadas contra o frío.
As botas Mou están feitas con pel de ovella e contan cun forro polar que as fai perfectas para os días de moito frío. Son moi suaves ao tacto e moi quentiñas, o que as converte nunha das mellores opcións para loitar contra o frío do inverno que podes atopar na nosa tenda online, e están deseñadas para durar moitos anos. A marca quere que calzalas sexa unha maneira de volver a sentirse en comuñón coa natureza. Ademais, buscan ser o antídoto perfecto para que todas as nenas se sintan á moda sen descoidar o seu benestar..
Mou naceu no 2002 na londiniense Portobello Road e é un exemplo máis do deseño británico máis á última. Para facer as botas empregan materiais cunha orixe controlada, xa que queren ser respectuosos co medio ambiente e buscan ser unha marca ética. Na fabricación seguen técnicas artesanais tradicionais para asegurar que logran sacar o maior partido da pel e extraer a súa beleza natural.