BOTAS BLUNDSTONE PARA ESTE OUTONO INVERNO
Empezamos unha nova xornada en Moksín falándovos das botas Blundstone que un ano máis chegaron á nosa tenda cos seus botínsclásicos e con algunha nova incorporación do máis interesante. Seguide lendo!
A historia de Blundstone que se remonta a 1870 cando a familia Blundstone instálase en Hobart, Australia, procedentes de Inglaterra dende onde empezaron a importarcalzado ata que puideron fabricar os seus propios modelos con peles e materiaisda zona. Anos despois, inclúen a palabra Tasmania nas súas botas e a súa fábrica en Hobart chega a producir 2000 pares de botas e zapatos por semana. Incrible.Cando estala a Guerra Mundial Blundstoneé contratada para fabricar zapatos para as tropas australianas.
Ao redor de 1930 a familia Cuthbertsons, tamén vinculada ao sector do calzado adquire onegocio Blundstone. Na actualidade seguensendo os seus propietarios. As décadas seguintes son de vital importancia paraa marca, as súas solas adquiren gran fama grazas a que soportan as condicións máis extremas por exemplo as altísimas temperaturas das salas de cocción das fundicións.
É cando chegamos aos anos 60 cando ten lugar o nacemento da bota #500 de Blundstone, sen dúbida a máis recoñecida por todos nós. Este modelo é totalmente orixinal, a sola evolucionou para incorporar novas tecnoloxías pero o deseño de bota chelsea con tiradores segue sendo o clásico que define á marca. Dende a súa creación ata os nosos días a bota Blundstone #500 vendeu máis de 25 millóns de pares en todo omundo.
Hoxe en día podes ver as botas Blundstone nos pés de nenos e maiores, botas Blundstone para a cidade e para o campo, botas Blundstone para toda a familia. En Moksín estamos contentos de poder achegarvos unha tempadamáis os mellores modelos dos botíns Blundstone. Segue lendo para saber que podes atopar nos andeis da nosa zapatería.
Empezamos polas botas chelsea Blundstone orixinal 500 stout Brown e as botas chelsea Blundstone 510 black. Sen dúbida osclásicos que nunca pasan de moda. Realizadas en pel resistente á auga cunhasola forte e duradeira que está deseñada para reducir o impacto das nosaspisadas ao camiñar.
Sen dúbida unas das vosas favoritas son as botas Blundstone 585 rustic brown e as botas Blundstone 587 rustic black. O seu acabado desgastado é o que máis gusta xa que é moi combinable tanto como marróns como con negros. Unha bota con elásticos fácil de calzar e moi cómoda que tempada tras tempada esgotades en todas as súas tallas. Unha bota best-seller sen dúbida.
Empezamos coas novidades da tempada coa bota Blundstone 1447 black peeble. A pel é negra e mate e ten unha suave textura. Unmodelo moi elegante perfecto tamén para os teus looks urban elegante.
Cunha cor entre marrón e granate temos a bota Blundstone 2247 mezquite Brown. Unha cor perfecta para outono moi fácil de combinar.
Encántannos as botas Blundstone con elásticos de cores! Igual de versátiles que os modelos con cores clásicas pero cun toque moi divertido co que animarás os teus días máis grises. A bota Blundstone 1919 brown mustard está realizada en pel marrón co elástico lateral nunha rechamante cor amarela mostaza e a bota Blundstone 519 brown olive ten o elástico lateral en verde, un cor tendencia desta tempada outono inverno 2022.
Unha combinación efectiva é a da bota Blundstone 577 black grey. Esta bota de inverno de pel negra destaca pola luz que lle achega o elástico en cor gris.
A bota Blundstone máis elegante da colección é sen dúbida a 1940 navy nubuck. Estabota azul ten un acabado aterciopelado moi suave e a pel coa que está elaborada é igual de resistente que todas as súas compañeiras de estantería.
Outra novidade da tempada é a bota Blundstone 1910 steel grey realizada en serraje gris que se suma a un modelo que repite campaña tras a súa boa acollida o inverno pasado. Falamos da bota Blundstone 1615 dark olive fabricada en serraje cor verde. Dous deseños moi urbanos cun material rústico moi atrevido á vez que resistente.
Queres comprar botas Blundstone veganas? Realizadas en microfibra vegana certificada e resistente á auga contan coa mesma estética que as Blundstone orixinais. O modelo 2116 brown é de cor marrón chocolate e o modelo 2115 black está realizado en cor negra. Gústannos os tiradores co nome da marca en cor verde.
Buscas botas Blundstone de tacón? Tamén as temos. Un modelo máis estreito quese axusta ao pé pero igual de cómodo. O tacón achega unha estética máis arranxada. Quédannos algunhas tallas aínda, non perdas a túa oportunidade de lucir unhas botas Blundstone lady heel orixinais e con personalidade.
Por suposto tamén temos Blundstone para home. Os modelos son os mesmos que os de muller xa que veñen con numeración continua. Non terás problema para atopar o teu modelo de Blundstone favorito na talla que necesites.
Queremos destacar a Blundstone para home 1917 black navy realizada en pel azul cos elásticos nunha bonita cor azulón.
Non podemos esquecernos dos máis peques da casa. Esta tempada temos dous modelos de Blundstone para neno e nena para ir combinados cos maiores. A bota Blundstone modelo 565 rustic Brown e a bota Blundstone modelo 580 black blue son unha fantástica opción para ter protexidos e cómodos os pés das vosas criaturas.
E con isto acabamos a presentación de Blundstone desta tempada, non deixes de botar unha ollada na nosa web para ver modelos, tallas e prezos.
Como tallan as botas Blundstone? Normalmente os clientes escollen a súa talla habitual, son botas bastante anchas e algúns modelos traen incluída un plantilla para encher ese ancho se fose necesario. Se te equivocas coa talla na nosa tenda podes facer un primeiro cambio sen custo. E se tes dúbidas podes escribirnos eestaremos encantados de asesorarche.
Para comprar botas Blundstone en liña con envío gratuíto na Península podedes entrar na nosa páxina web www.moksin.com ou podes comprar Blundstone en Santiago de Compostela na nosa tenda de Montero Ríos 29.
Vémonos no próximo post!