BOTAS DOLFIE INDIANA, UN MODELO ICÓNICO
Debido ao tempo que leva xa connosco, este modelo de botas Dolfie, como dicimos no titular, podemos empezar a consideralo como un dos seus modelos icónicos. Este modelo de botas con pelo interior que Dolfie presentou fai xa uns cuantos invernos foise gañando con suor un pequeno oco dentro das nosas coleccións e tamén dentro das coleccións dos nosos clientes. A súa orixinalidade de acabados e a súa estética tan identificativa entre bota de montaña con argolas e cordonera entrelazada e ao seu acabado interior en pelo que fai que sean tan quentiñas e cómodas como as zapatillas de casa pero para rúa, o cal se agradece nos fríos días de inverno.
Eliximos tres das botas dolfie indiana cos acabados máis orixinais para presentalas neste post.
A primeira é a bota Dolfie Indiana 3 Sand Tweed. A súa maior característica é o tecido tipo Tweed que presenta ao longo de toda o seu lengüeta, este tecido no que predomina a cor xeo combinado coa cor beige do resto da bota, achégalle moita luz ao acabado final. Sen dúbida serán a luz dos vosos outfits máis escuros no inverno. Este modelo de botas Dolfie indiana esta tamén dispoñible na versión nenos e a súa descrición sería a bota dolfie kids indiana.
A segunda é a bota Dolfie Indiana 5. Nesta ocasión o maior atractivo da bota é a combinación da pel metalizada en cor champaña da base co acabado en ante azul da parte superior e o toque final do pelo interior en cor branca.
E a terceira é a bota Dolfie Indiana 7. En esta última opción a cor perde contraste xa que está feita sobre o mesmo ton de azul escuro pero o que fai dela unha bota especial é a súa combinación de pel metalizada na base, ante nos laterais e acabado final en tecido sobre toda a lengüeta. Aquí o contraste de cor queda reservado só para a cor xeo da sola e a cor beige do pelo interior.
Como xa vos comentamos ao principio este inverno as botas Dolfie Indiana presentan unha gran variedade de acabados. Estas son só tres exemplos da gran variedade que poderedes atopar nas nosas tendas e na nosa tenda online.